Santa Pola
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | Provincia de Alacant | ||||
| Capital | Santa Pola | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 39.709 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua valenciana (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 58,6 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 6 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 03130 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 03121 | ||||
| Código ARGOS de concellos | 03121 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | santapola.es | ||||
Santa Pola é unha poboación da comarca do Baix Vinalopó no País Valenciano, cunha poboación en 1994 de 16.506 habitantes (santapoleiros) e de 20.965 en 2003. O termo municipal presenta unha extensión de 58,6 km2. Limita co termo de Elx e co mar Mediterráneo.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa orixe histórica remontase ó Portus Illicitanus. Alí realizábase a actividade comercial da cidade romana de Illice (Elx). Na época visigoda era coñecida como Port Elecem e o seu nome musulmán foi Port del Cap de l'Aljub, que perdurou ata a metade do século XIV. Non hai datos históricos sobre ela ata 1556, data na que se construíu o Poble Nou de Santa Pola, tomando o nome da advocación da ermida dalgún casarío, o que fai supoñer que o núcleo orixinal desapareceu.
O seu castelo construíuse en 1557 cando reinaba Carlos I, de acordo co plan real de defensa da costa contra os piratas berberiscos. A súa eficacia permitiu a súa ampliación e reforzo, o que fixo que chegara ós nosos días. En 1786 pasou á Coroa por cesión do Marqués de Astorga. Finalmente, o alcalde Antoni Múrtula, cando coñeceu a decisión do Ministerio de Defensa de derrocalo, contactou coa raíña Isabel II e negociou a propiedade do castelo. Despois de pagar a cantidade acordada, a fortaleza pasou a mans do consistorio local. Desta forma, e ata os nosos días, o castelo é propiedade do pobo santapoleiro e converteuse no seu edificio máis singular e máis representativo.
No século XIX, novamente por relación coa coroa borbónica, recibiu o título de vila de mans do rei Afonso XII 1877).
Economía e natureza
[editar | editar a fonte]No século XX, ao igual que nas súas orixes, segue explotando a súa condición portuaria o que lle permite basear a súa economía en dous piares básicos: a industria turística e a pesca. É tamén moi importante a industria derivada da explotación das salinas, que dende sempre foi unha actividade económica fundamental na zona. As salinas tamén manteñen unha gran riqueza de fauna e flora que fixeron que o súa paraxe fose declarada Parque Natural polo goberno valenciano.
Lingua
[editar | editar a fonte]Santa Pola é unha localidade de predominio lingüístico da lingua valenciana. A variedade dialectal que se fala é o catalán occidental e, dentro deste bloque, o subdialecto alacantino. Destacan como elementos lingüísticos característicos a perda do de intervocálico final (cansada = /cansà/); a asimilación vocálica (terra = /teɛrrɛ/); o uso do ese sonoro na terminación -ció (combinació = /combinazió/) e nos eses finais de palabra seguidos de vogal; léxico autóctono (mamola, arritranco, avixirugo) etc. A fala de Santa Pola presenta ademais algúns trazos propios do catalán oriental, de forma que en moitas ocasións a fonética santapolera esta máis preto das falas de Tarragona ou Barcelona ca das de Valencia.
O filólogo e eclesiástico Antoni Maria Alcover pasou por Santa Pola na súa recollida de datos para o que sería o Diccionari català-valencià-balear. Naquela altura, a principios do século XX, considerou Santa Pola como a fronteira sur da lingua catalá. Na actualidade esta afirmación corrixiuse e xa se considera a veciña poboación de Guardamar como a localidade catalán-parlante máis meridional.
Política
[editar | editar a fonte]As eleccións de 2007 deron a alcaldía ó PP por maioría absoluta con 16 concelleiros, o PSPV conseguiu 6, e Compromís pel País Valencià 1 concelleiro.
Cultura
[editar | editar a fonte]Na localidade hai diversos colectivos culturais que proporcionan ó municipio uns mínimos de actividade social, como a Banda Unió Musical de Santa Pola, fundada en 1978 polo santapoleiro Manuel Marhuneda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santa Pola |
- Secció "Poble a poble" del Diari Parlem, d'on s'ha extret informació amb consentiment de l'autor.
- Institut Valencià d'Estadística.
- Portal de la Direcció General d'Administració Local de la Generalitat.
