Xixona
Coordenadas: 38°32′21″N 0°30′29″O / 38.53917, -0.50806
Xixona | |||
---|---|---|---|
Xixona | |||
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade autónoma | País Valenciano | ||
Provincia | Alacant | ||
Comarca | Alacantí | ||
Xeografía | |||
Altitude | 26 msnm | ||
Superficie | 163,76 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 7.575 hab. (2008) | ||
Densidade | 46,26 hab./km² | ||
Xentilicio | Xixonenco/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 03100 | ||
Alcalde | Ferrán Verdú Monllor (PSPV) | ||
www.xixona.es/ |
Xixona[1] (en valenciano: Xixona, en castelán: Jijona, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano, situado na comarca do Alacantí, na provincia de Alacant. É famoso por ser o lugar onde se produce o doce de Nadal do turrón, tanto a variedade de Xixona como a de Alacant. Ten 7.575 habitantes (INE 2008).
Xeografía[editar | editar a fonte]
Atópase situada a 25 km ao norte de Alacant. No seu termo municipal atópanse tamén a montaña e o porto da Carrasqueta, paso natural para comunicar Alacant con Alcoi. Polo suroeste do termo pasa o río Montegre, que proveniente do pantano de Tibi diríxese cara á Horta de Alacant. Ao seu paso polo municipio xixonenco atópase a pequena pedanía de Montnegre. A súa montaña máis alta é "La Carrasqueta" con 1.300 metros de alzada (1.020 metros ao paso da estrada N-340).
O termo municipal está poboado de inmensas fragas de piñeiros e carrascas en altas montañas de máis de 1.000 msnm, o que dá lugar a vistas de vales e barrancos en vertical, así como do mar Mediterráneo debido á súa proximidade; con todo, outras partes do seu termo municipal, as máis próximas á costa, sofren dunha desertización preocupante.
Demografía[editar | editar a fonte]
Xixona ten 7.575 habitantes (INE 2008).
Evolución demográfica de Xixona[2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2008 | |||||
Poboación | 6.028 | 6.212 | 6.901 | 7.323 | 6.862 | 6.059 | 6.942 | 5.729 | 6.383 | 8.117 | 8.816 | 7.867 | 7.337 | 7.596 | 7.575 |
A poboación flutúa segundo a estación do ano; no verán o número de habitantes é menor.
Economía[editar | editar a fonte]
Tradicionalmente, a economía xixonenca baseouse nunha dualidade entre a produción e comercialización de xeados no verán e a de turrón en inverno, complementada pola agricultura de secaño, na cal destacaba o cultivo da amedoeira, cuxo froito é materia prima para o turrón. Durante os séculos XIX e XX, foi natural que durante gran parte do ano moitos xixonencos se atopasen repartidos por todo o mundo, coma por exemplo en Cuba e outras partes de Iberoamérica vendendo os seus xeados e turróns. Existen moitas marcas artesás e fábricas de turrón.
Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]
- El Castell: un castelo, edificio de interese arquitectónico, onde destaca a súa Torre Grossa.
- Convent del Orde dels Pares Franciscans: edificio de interese arquitectónico barroco e neoclásico.
- Ermida de Santa Bàrbara.
- Igrexa de Santa Maria.
- Museo do Turrón, onde se conservan lembranzas da familia Sirvent Selfa fundadora das marcas El Lobo e 1880.
Festas[editar | editar a fonte]
Celébranse festas de Mouros e cristiáns na segunda quincena de febreiro. Estes Mouros e Cristiáns son tamén chamados "Festas dos Xeadores".
As festas patronais da localidade, tamén de Mouros e Cristiáns, celébranse en agosto, na fin de semana máis achegada ao día 24, San Bertomeu, co-patrono de Xixona xunto a Sant Sebastià.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Concello de Xixona
- Consello regulador de Xixona e Turrón de Alacant
- Web oficial das festas de Xixona de Mouros e cristiáns
- Situación e descrición xeográfica, física e urbana de Xixona
- Páxina do Museo do turrón
- Páxina do Les Fonts de Xixona
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1296. ISBN 9788482887524.
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996.