Santa Marta, Colombia
| Epónimo | Marta de Betania | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Colombia | |||
| Departamento | Magdalena | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 515.556 (2019) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 293,65 km² | |||
| Altitude | 8 m | |||
| Datos históricos | ||||
| Fundador | Rodrigo de Bastidas | |||
| Creación | 1525 (Gregoriano) | |||
| Santo padrón | Marta de Betania | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | santamarta-magdalena.gov.co | |||
Santa Marta é un concello de Colombia e capital do departamento de Magdalena, na Rexión Caribe. Foi fundada o 29 de xullo de 1525 polo español Rodrigo de Bastidas, o que a converte na cidade en pé máis antiga de Colombia. Atópase ás beiras da baía homónima. Dende 1991 foi organizada constitucionalmente como Distrito Turístico, Cultural e Histórico.[1]
É coñecida polas súas actividades turísticas, a historia das súas rúas e das súas praias.[2] O balneario El Rodadero é un dos principais destinos do Caribe colombiano. A súa área urbana está situada entre a Serra Nevada de Santa Marta e o mar Caribe, e o Parque de Tayrona está baixo a súa xurisdición. Entre os seus atractivos culturais e históricos atópanse a Aduana, a Catedral Basílica, a Biblioteca do Banco da República, o Seminario San Juan Nepomuceno, o Paseo Bastidas, La Quinta de San Pedro Alejandrino, a praza de Bolívar e o parque de Los Novios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Constitución Política de Colombia. Artículo 356. Adicionado por el artículo 2.º del acto legislativo número 1 de agosto 18 de 1993" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2007. Consultado o 9 de xullo de 2008.
- ↑ "Las playas paradisíacas de Santa Marta". Marca País Colombia (en castelán). 2015-05-27. Consultado o 2021-02-04.
| Principais cidades de Colombia | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Cidade | Departamento | Poboación | Cidade | Departamento | Poboación | |||||||
| 1 | Bogotá | Cundinamarca | 8 264 029 | 11 | Villavicencio | Meta | 503 414 | |||||
| 2 | Medellín | Antioquia | 2 522 081 | 12 | Santa Marta | Magdalena | 499 219 | |||||
| 3 | Cali | Valle del Cauca | 2 434 110 | 13 | Bello | Antioquia | 485 970 | |||||
| 4 | Barranquilla | Atlántico | 1 232 226 | 14 | Valledupar | Cesar | 423 593 | |||||
| 5 | Cartaxena de Indias | Bolívar | 1 006 323 | 15 | Pereira | Risaralda | 406 348 | |||||
| 6 | Soledad | Atlántico | 682 910 | 16 | Buenaventura | Valle del Cauca | 398 527 | |||||
| 7 | Cúcuta | Norte de Santander | 652 320 | 17 | Pasto | Nariño | 386 598 | |||||
| 8 | Soacha | Cundinamarca | 550 054 | 18 | Manizales | Caldas | 373 862 | |||||
| 9 | Ibagué | Tolima | 543 564 | 19 | Montería | Córdoba | 362 917 | |||||
| 10 | Bucaramanga | Santander | 522 439 | 20 | Neiva | Huila | 329 462 | |||||
| Proxección 2019 - DANE | ||||||||||||
