Rodrigo de Bastidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodrigo de Bastidas
Nacementoc. 2024
Lugar de nacementoSevilla
Falecemento28 de xullo de 1527
Lugar de falecementoSantiago de Cuba
SoterradoCathedral of Santa Marta
NacionalidadeCastela e León
Ocupaciónexplorador e Conquistadores casteláns
FillosRodrigo de Bastidas y Rodriguez de Romera
editar datos en Wikidata ]

Rodrigo de Bastidas, nado en Sevilla en 1445 e finado en Santiago de Cuba en 1527, foi un adiantado e conquistador español. Localizou o litoral atlántico colombiano, dende a península da Guajira até o golfo de Urabá, o istmo de Panamá e o río Magdalena. Foi tamén o fundador da cidade de Santa Marta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monumento a Rodrigo de Bastidas na catedral de Santa Marta, Colombia.

Estivo fincado en Triana, Sevilla. Participou na segunda viaxe de Colón ás Indias en 1493 e en 1501 percorreu parcialmente a costa das actuais Panamá e Colombia.

O 5 de xuño de 1500, concedéuselle a Bastidas licenza para descubrir illas ou terras que non foron visitadas por Colón ou outros navegantes, así como terras non pertencentes a Portugal, dende as costas do cabo da Vela na extinta Gobernación de Coquibacoa.

En setembro ou outubro de 1501, xunto co piloto Juan de la Cosa, partiu do porto de Cádiz nas carabelas San Antón e Santa María de Gracia. Nesta viaxe embarcouse o mozo Vasco Núñez de Balboa, futuro descubridor do océano Pacífico.

Seguindo a ruta de Alonso de Quejada e despois de percorrer o litoral da actual Venezuela, descobre as baías de Santa Marta, Cartaxena e Cispatá, a desembocadura do río Magdalena, o golfo de Urabá e as costas panameñas (na actual comarca de Guna Yala, os portos de Nome de Deus e Retrete). Entón mandou facer un porto que bautizou na súa honra como El Escribano. Porén, ao ter as naves en moi mal estado, debe regresar á illa A Española (actual Santo Domingo), onde estaba a principal base de operacións dos viaxeiros españois.

Ó chegar ás costas da Española, unha das súas naves naufragou, pero logrou salvar parte da súa carga (que se trataba en maior parte de ouro). Nesta illa foi acusado de negociación ilegal cos indíxenas. Despois de ser procesado en 1502 por Francisco de Bobadilla (que tamén procesou a Colón) foi declarado inocente dos cargos e unha vez pagados os dereitos á Coroa, os Reis Católicos outorgáronlle o cobro dunha renda anual sobre a produción da provincia de Urabá e Zenú.

En 1525, de regreso ó Novo Mundo, fundou a cidade de Santa Marta entre o cabo da Vela e o río Magdalena, unha das primeiras cidades continentais de América que aínda existe. Ó penetrar no territorio atopou algunhas minas de ouro que espertaron a cobiza das súas hostes. Ante a negativa de repartir as riquezas acumuladas, Juan Villafuerte, o seu propio lugartenente, dirixiu unha conspiración contra Bastidas que case lle custa a vida. Ferido o atentado, tentou volver á Española. O 28 de xullo de 1527, faleceu ó ancorar en Santiago de Cuba e os seus restos foron soterrados na catedral desa cidade.

Tras a violencia que conduciu á morte de Bastidas, houbo varios gobernos interinos e de pouca duración ata que o 20 de decembro de 1527 García de Lerma asinou unha capitulación que lle confería a gobernación e a Capitanía xeneral de Santa Marta. A situación era crítica tanto pola belicosidad dos indios como polas rivalidades entre os propios españois que provocaron a morte de Bastidas. Neste contexto, a Coroa decidiu asignar ó novo gobernador poderes excepcionais para restablecer a orde en devandita demarcación territorial. Mesmo chegou a pedir en 1532 que non nomease gobernador de Cartaxena, idea que obviamente foi rexeitada pola Coroa, cando Pedro de Heredia foi nomeado para dita gobernación.

Bastidas tivo un fillo chamado Rodrigo de Bastidas, que foi bispo de Venezuela e Porto Rico.[1]

Os restos de Bastidas foron exhumados polo seu fillo e levados a Santo Domingo, onde foron enterrados na Catedral de Santa María a Menor, a máis antiga de América, xunto á súa esposa e o seu fillo. A mediados do século XX os restos foron trasladados a Santa Marta por petición do goberno local e repousan actualmente na catedral da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1501-02, Rodrigo de Bastidas". Biblioteca virtual Miguel de Cervantes. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ernesto Restrepo Tirado. Historia de la provincia de Santa Marta. Bogotá, Colcultura, 1975.
  • Juan Rodríguez Freile. El carnero. Medellín, Bedout, 1973. Caracas, Biblioteca Ayacucho, 1979.