Pasto, Colombia
Coordenadas: 1°12′36″N 77°16′29″O / 1.21000, -77.27472
Pasto, Colombia | |||
---|---|---|---|
Catedral de Pasto. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Nariño | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2527 msnm | ||
Superficie | 1 181 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 455 863 (2018) | ||
Densidade | 386 hab/km² | ||
Xentilicio | Pastuso, -a Pastense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 520001-520099 | ||
Alcalde | (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Pasto é un concello colombiano, capital do departamento de Nariño, cuxa cabeceira municipal ostenta o nome de San Juan de Pasto.[1] Atópase no suroeste do país, na rexión andina.
Durante a época prehispánica formou parte do Imperio Inca,[2] asemade, foi o centro administrativo, cultural e relixioso da rexión desde a época colonial.[3] Durante o século XIX, por mor da aguerrida defensa da cidade que protagonizaron os seus habitantes na Independencia de Colombia, foi coñecida como «A Leoa dos Andes».[4] A cidade de Pasto é tamén coñecida como «Cidade sorpresa de Colombia».[4]
Como capital do departamento, alberga as sedes da Gobernación de Nariño, a Asemblea Departamental, o Tribunal do Distrito Xudicial, a Fiscalía Xeral da Nación, e en xeral sedes de institucións dos organismos do Estado.
A súa cabeceira municipal é a décimo sétima cidade máis poboada de Colombia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información General - Pasto - Nariño - Colombia". Alcaldía de Pasto. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 12 de decembro de 2018.
- ↑ "Geografía - El Tahuantinsuyo (4 suyos)". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de decembro de 2018.
- ↑ Ceron Solarte, Benhur; Ramos, Marco Tulio. Fondo Mixto de Cultura-Nariño. Pasto: Espacio, Economía y Cultura. Biblioteca Virtual del Banco de la República. Consultado o 12 de setembro de 2009
- ↑ 4,0 4,1 Pérez Silva, Vicente. San Juan de Pasto, antecedentes históricos. Revista Credencial Historia, Edición 226, outubro de 2008. Biblioteca Virtual del Banco de la República. Consultado o 12 de setembro de 2009
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)