Norte de Santander
Aparencia
| Norte de Santander | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||
Norte de Santander é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase na zona nordeste do país sobre a fronteira con Venezuela.[1] Forma parte da rexión natural andina. Ten 40 concellos agrupados en 6 subrexións, 2 provincias e unha área metropolitana. A súa capital é a cidade de Cúcuta.
Ten unha superficie de 21.648 km² (que en termos de extensión é semellante á do Salvador ou Eslovenia)[2] e unha densidade de 66,8 hab/km. Limita polo norte e polo leste con Venezuela, polo sur cos departamentos de Boyacá e Santander, e polo oeste con Santander e Cesar, Colombia.
Por mor dos seus recursos naturais e a súa localización xeográfica, converteuse nun eixo económico e comercial do país, este departamento foi creado na Gran Colombia.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Gráfica de evolución de Norte de Santander entre 1912 e 2025 |
![]() |
| Poboación segundo o censo. Poboación segundo proxeccións.Fonte: Statoids.[3] DANE.[4] |
Composición étnica
[editar | editar a fonte]- Mestizos e brancos (98,28%)
- Afrocolombianos (1,25%)
- Indíxenas (0,60%)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "División político-administrativa de Colombia" (PDF). Instituto Geográfico Agustín Codazzi. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2008. Consultado o 7 de decembro de 2012.
- ↑ "Norte de Santander (Generalidades)". Biblioteca Luis Ángel Arango. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o 15 de marzo de 2012. Arquivado 18 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ "Departments of Colombia: Population history". Statoids. Consultado o 10 de decembro de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 20 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Norte de Santander |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

