Saltar ao contido

Sandrine Bonnaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSandrine Bonnaire

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Gannat (Francia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Altura1,67 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActriz
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeGuillaume Laurant (2003–)
ParellaWilliam Hurt Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0094789 Allocine: 1856 Rottentomatoes: celebrity/sandrine_bonnaire Allmovie: p7291 Metacritic: person/sandrine-bonnaire
BNE: XX1294898 iTunes: 300258095 Last fm: Sandrine+Bonnaire Musicbrainz: 73c7637a-8d08-463d-ad56-d4ebb2ab1ca2 Discogs: 3827333 Editar o valor em Wikidata

Sandrine Bonnaire nada en Gannat (Francia) o 31 de maio de 1967 é unha actriz e directora de cine francesa. Gañou o Premio César a Mellor Actriz Revelación en 1984, o César a Mellor Actriz en 1986 polo seu papel en Sans toit ni loi, e a Copa Volpi a Mellor Actriz no Festival Internacional de Cinema de Venecia en 1995 por La Cérémonie.

Participou en películas baixo a dirección de Agnès Varda, Jacques Rivette, Claude Chabrol, Maurice Pialat, André Téchiné ou Patrice Leconte, entre outras personalidades do cinema francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia obreira da rexión francesa de Auvernia. Foi a sétima de once irmáns. Pasou a maior parte da súa xuventude en Grigny,[1] na rexión parisiense onde cursou os seus estudos secundarois, no Collège Jean-Vilar.

As súas primeiras aparicións no cine foron como extra na Boum,[1] dirixida por Claude Pinoteau, e na comedia Lles Sous-doués en vacances, de Claude Zidi.

En xuño de 1982 participou xunto a súa irmá Corinne nun casting anunciado no xornal France-Soir, no que buscaban unha extra para a películla À nos amours de Maurice Pialat. Finalmente foi Sandrine Bonnaire quen acadou o papel e co que gañou o Premio César a mellor actriz a idade de 16 anos. A súa relación con Pialat foi un un punto forte nos seus inicios, xa que traballou con el en Police e Sous le soleil de Satan que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes en 1987.

A partir de entón, o nome de Sandrine Bonnaire asóciase ao cine de calidade francés e na súa carreira recibiu numerosos premios e tamén fixo en películas fóra do seu país.

Bonnaire ten dúas fillas, unha froito da súa relación con William Hurt (con quen coincidiu en 1991 na rodaxe de La peste de Luís Puenzo) e a segunda do seu marido (casou en 2003), o guionista Guillaume Laurant.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actriz[editar | editar a fonte]

A súa carreira como actriz comezou en 1983, aos dezaseis anos, cando protagonizou a película de Maurice Pialat À nos amours.[2] Bonnaire interpretou a unha adolescente parisiense de quince anos cuxas relacións sexuais son moi promiscuas. Por este papel gañou o Premios César á mellor actriz revelación en 1984.

A carreira internacional de Bonnaire comezou grazas á película Sans toit ni loi,[3] da directora Agnès Varda (1985). O papel da vagabunda protagonista valeulle a Bonnaire numerosos premios: o César á mellor actriz e o da Asociación de Críticos de Cine de Los Ángeles (ambos en 1986).

Participou na película Sous le soleil de Satan,[4] de Maurice Pialat, adaptación da novela homónima de Georges Bernanos. Esta película gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1987. Bonnaire, pola súa banda, foi candidata en 1988 ao Premio César á mellor actriz polo seu papel de Mouchette, a moza amante do cura Donissan interpretado por Gérard Depardieu.

En 1989 estreouse Monsieur Hire, un filme dirixido por Patrice Leconte e protagonizado por Michel Blanc (no personaxe principal da obra, un home misántropo que se namora do personaxe interpretado por Sandrine Bonnaire). A película está baseada na novela homónima de Georges Simenon e recibiu excelentes críticas. Participou no Festival de Cannes de 1989 [5] e Bonnaire volveu ser candidata ao Premio César á mellor actriz.

Interpretou a personaxe de Xoana de Arco en Jeanne la Pucelle 1994, dirixida por Jacques Rivette, unha longametraxe que se dividiu en dúas partes, Juana de Arco I - Las batallas [6] e Juana de Arco II - Las prisiones.[7] Esta actuación valeulle a súa terceira nomeamento aos Premios César de 1995.

Foi candidata por cuarta vez ao Premio César á mellor actriz en 1996 pola súa interpretación de Sophie no filme A cérémonie de Claude Chabrol.[8] A película, estreada en 1995, está baseada na novela A Judgement in Stone, de Ruth Rendell. As críticas foron excelentes e destacouse a calidade das actuacións de Jacqueline Bisset (candidata ao Premio César á mellor actriz secundaria), Isabelle Huppert (gañadora do César á mellor actriz) e Sandrine Bonnaire (candidata a este premio e gañadora con Huppert da Copa Volpi do Festival de Venecia de 1995).

East/West (1999), de Régis Wargnier, supuxo a quinta candidatura de Bonnaire aos Premios César. Trátase dunha coprodución franco-ucraína-rusa-búlgaro-española cun guión de Rustam Ibragimbekov, Sergei Bodrov, Louis Gardel e Régis Wargnier, nomeada ao Oscar á mellor película en lingua estranxeira (2000). Ademais de Bonnaire, actuaron na película Oleg Menshikov, Sergei Bodrov (fillo) e Catherine Deneuve.

En 2006, no telefilme Le Procès de Bobigny, dirixida por François Luciani, interpretou o papel dunha persoa que estaba viva no momento da rodaxe, a nai da menor de idaded Marie-Claire Chevalier, foi violada en 1972 e bortou coa axuda de catro mulleres, entre elas a súa nai.[9] ​Todas foron acusadas polo aborto e a complicidade, xulgadas e defendidas pola avogada Gisèle Halimi, tendo este proceso unha enorme repercusión, contribuíndo ao avance da despenalización do aborto en Francia.[10] Nunha entrevista, Bonnaire dixo que interpretar a unha persoa viva: «Obrígate a deixar dunlado o teo ego como actriz. Tes que ter razón, porque sempre está o pensamento de que a outra persoa, a persoa afectada, verá a película. O pensamento de non traizoar, aínda que sexa unha adaptación». Ademais, engade sobre o contexto histórico dos feitosː «Tódalas mulleres que, por falta de medios, non podían recibir tratamento, abortaban. Sometéronse a unha operación clandestina e perigosa e foron consideradas como criminais!».[11]

En 2013, traballou co cantautor Jacques Higelin e, no álbum Beau Repaire, cantou Duo d'anges heureux a dúo con el.[12]

Na primavera de 2013, traballou por primeira vez con Claude Lelouch, na película nº 42 do director Salaud, on t'aime, na que actuou xunto a Johnny Hallyday e Eddy Mitchell; a estrea do filme en cines foi en abril de 2014.[13]

Regresou aos escenarios en Valence, no 2014, interpretando L'Odeur des planches de Samira Sedira nunha lectura escenificada dirixida por Richard Brunel.​[14][15]

Con motivo do Día Internacional da Muller, o 5 de marzo de 2020, particiou nun desfile de moda en Tunisia organizado polo Instituto Francés titulado Over fifty... et alors? (Mais de cincuenta... e agora?), dedicado ás mulleres que cumpliron cincuenta anos.

O primeiro de xuño de 2022 estreouse o vídeo da canción L'Homme qui court,​ do álbum Radio Londres do cantante Axel Bauer, no que Bonnaire participa e aparece disfrazada de home.[16][17]

Como directora[editar | editar a fonte]

En 2007 Bonnaire fixo o seu debut como directora co documental Elle s'appelle Sabine.[18] Neste filme, Bonnaire fai un retrato cinematográfico da súa irmá Sabine, que padece un atraso mental que foi diagnosticado tarde como unha forma de autismo. En maio de 2007 foi proxectada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes .

Lista de películas como actriz[editar | editar a fonte]

Sandrine Bonnaire no Festival de Cannes en 2000.
Bonnaire en 2003 na estrea de Le Cou de la girafe .
Sandrine Bonnaire en 2012, Festival de Deauville .
  • 1980: La Boum, de Claude Pinoteau; papel menor
  • 1982: Les Sous-doués en vacances; de Claude Zidi; papel menor
  • 1983: À nos amours, de Maurice Pialat; Suzanne
  • 1984: Tir à vue, de Marc Angelo; Marilyn
  • 1985: Blanche et Marie, de Jacques Renard; Marie
  • 1985: Le Meilleur de la vie de Renaud Victor; Véronique
  • 1985: Police, de Maurice Pialat; Lydie
  • 1985: Sans toit ni loi, de Agnès Varda; Mona
  • 1986: La Puritaine, de Jacques Doillon; Manon
  • 1987: Les Innocents, de André Téchiné; Jeanne
  • 1987: Sous le soleil de Satan, de Maurice Pialat; Mouchette
  • 1988: Quelques jours avec moi, de Claude Sautet; Francine
  • 1988: Peaux de vaches, de Patricia Mazuy; Annie
  • 1989: Monsieur Hire, de Patrice Leconte; Alice
  • 1990: La Captive du désert, de Raymond Depardon; a cativa
  • 1990: Dans la soirée (Verso sera), de Francesca Archibugi; Stella
  • 1991: Le Ciel de Paris, de Michel Béna; Suzanne
  • 1991: La Peste, de Luis Puenzo; Martine Rambert
  • 1992: Prague, de Ian Sellar; Elena
  • 1994: Jeanne la Pucelle I - Les batailles, de Jacques Rivette; Jeanne
  • 1994: Jeanne la Pucelle II - Les prisons, de Jacques Rivette; Jeanne
  • 1994: Confidences à un inconnu (Ispoved neznakomtsu), de Georges Bardawil; Natalia
  • 1995: Les cent et une Nuits de Simon Cinéma, de Agnès Varda; A vagabunda
  • 1995: La Cérémonie, de Claude Chabrol; Sophie
  • 1996: Never Ever, de Charles Finch; Katherine Beaufort
  • 1997: Die Schuld der Liebe, de Andreas Gruber; Monica Besse
  • 1998: Secret défense, de Jacques Rivette; Sylvie
  • 1998: Voleur de vie, de Yves Angelo; Olga
  • 1999: Au cœur du mensonge, de Claude Chabrol; Viviane Sterne
  • 1999: Este/Oeste, de Régis Wargnier; Marie
  • 2001: Mademoiselle, de Philippe Lioret; Claire Canselier
  • 2001: C'est la vie, de Jean-Pierre Améris; Suzanne
  • 2002: Femme Fatale, de Brian De Palma; Ela mesma
  • 2003: Résistance, de Todd Komarnicki; Lucette Oomlop
  • 2004: Confidences trop intimes, de Patrice Leconte; Anna
  • 2004: Le Cou de la girafe, de Safy Nebbou; Hélène
  • 2004: L'Équipier, de Philippe Lioret; Mabé Le Guen
  • 2006: Demandez la permission aux enfants, de Éric Civanyan; Marie
  • 2007: Je crois que je l'aime, de Pierre Jolivet; Elsa
  • 2007: Un cœur simple, de Marion Laine; Félicité
  • 2008: L'Empreinte, de Safy Nebbou; Claire Vigneaux
  • 2009: Joueuse, de Caroline Bottaro; Hélène
  • 2012: Adieu Paris, de Franziska Buch; Françoise Dupret
  • 2014: Salaud, on t'aime, de Claude Lelouch; Nathalie Beranger
  • 2015: La dernière leçon, de Pascale Pouzadoux; Diane
  • 2016: Le ciel attendra de Marie-Castille Mention-Schaar; Catherine Bouzaria
  • 2017: Une saison en France de Mahamat Saleh Haroun; Carole Blaszak
  • 2017: Prendre le large de Gaël Morel; Édith Clerval
  • 2019: K contraire de Sarah Marx; Gabrielle Fravielle
  • 2019: Trois jours et une vie de Nicolas Boukhrief; Blanche Courtin
  • 2020: Voir le jour de Marion Laine; Jeanne
  • 2021: Umami de Slony Sow; Louise Carvin
  • 2021: L'amour c'est mieux que la vie de Claude Lelouch; Sandrine
  • 2021: L’Événement de Audrey Diwan; Gabrielle
  • 2022: Umami de Slony Sow; Louise Carvin
  • 2023: Comme une louve de Caroline Glorion; Élodie Piat
  • 2023: Limonov: The Ballad of Eddie de Kirill Serebrennikov
  • 2023: Dance First de James Marsh; Suzanne Dechevaux-Dumesnil
  • 2024: Le Mangeur d’âmes de Julien Maury e Alexandre Bustillo; Docteur Carole Marbas

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Película Premio Categoría Resultado
1984 À nos amours Premios César Mellor Actriz Revelación Gañadora
1986 Sans toit ni loi Premios César Mellor actriz Gañadora
Unión de Críticos de Cine Francés Mellor actriz Gañadora
Sociedade Nacional de Críticos de Cine Mellor actriz Nomeada
Asociación de Críticos de Cine dos Ánxeles Mellor actriz Gañadora
Premios Sant Jordi de Cinematografía Mellor actriz estranxeira Gañadora
1988 Sous le soleil de Satan Premios César Mellor actriz Nomeada
1990 Monsieur Hire Premios César Mellor actriz Nomeada
Premios Sant Jordi de Cinematografía Mellor actriz estranxeira Gañadora
1995 Jeanne la Pucelle: II. Les Prisions Premios César Mellor actriz Nomeada
Festival de Venecia Copa Volpi á mellor actriz Gañadora
1996 La Cérémonie Premios César Mellor actriz Nomeada
2000 Est/Ouest Premios César Mellor actriz Nomeada
2001 Mademoiselle Festival de Cabourg Mellor actriz Gañadora
Elle s'appelle Sabine Premios César Mellor película documental Nomeada
2007 Festival de Cine de Cannes Premio FIPRESCI Gañadora
Festival de Cine de Cannes cámara dourada Nomeada
2009 Unión de Críticos de Cine Francés Mellor película debut Gañadora
Premios Globo de Cristal Mellor película documental Gañadora
Festival Internacional de Cine de Chicago Mellor película documental Nomeada
2018 Premio á súa carreira Premios Magritte Premio Honorífico Gañadora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Douin, Jean-Luc (2010-03-01). "Sandrine Bonnaire: crever l'écran". lemonde.fr (en francés). Consultado o 2024-05-30. 
  2. "A nuestros amores (1983)". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  3. "Sin techo ni ley (1985)". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  4. "Bajo el sol de Satán (1987)". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  5. "Festival de Cannes". 
  6. "Juana de Arco I: Las batallas (1994)" (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  7. "Juana de Arco II: Las prisiones (1994)". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  8. "La ceremonia (1995)". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 
  9. "Le procès de Bobigny - Ministère de la justice". www.justice.gouv.fr (en francés). 2020-07-28. Consultado o 2024-06-02. 
  10. "Droit à l’avortement : Retour sur le procès de Bobigny". Le Monde.fr (en francés). 2005-08-06. Consultado o 2024-06-02. 
  11. http://www.groupedes20theatres.fr/wp-content/uploads/2019/06/Dossier-artistique.pdf
  12. "Sandrine Bonnaire : “Jacques Higelin incarne la liberté”". www.telerama.fr (en francés). 2013-03-25. Consultado o 2024-06-02. 
  13. "Sandrine Bonnaire et Johnny: un amour de cinéma". parismatch.com (en francés). 2013-04-15. Consultado o 2024-06-02. 
  14. Entrée libre (2015-04-17). "Sandrine Bonnaire : pièce "L'odeur des planches" - Entrée libre". Consultado o 2024-06-02. 
  15. "theatre-contemporain.net" (en francés). Consultado o 2024-06-02. 
  16. à 14h59, Par Éric Bureau Le 13 mai 2022 (2022-05-13). "«Radio Londres», le magistral appel d’Axel Bauer". leparisien.fr (en francés). Consultado o 2024-06-02. 
  17. "Axel Bauer dévoile un clip pour son titre « L’homme qui court »". rfm.fr (en francés). Consultado o 2024-06-02. 
  18. "Su nombre es Sabine (2007)". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 2024-06-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]