Ruth Rendell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ruth Rendell
RuthRendell.png
AlcumeBarbara Vine
Nacemento17 de febreiro de 1930
 Londres
Falecemento2 de maio de 2015
 Londres
CausaIctus
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
Ocupaciónpolítica, novelista, guionista e escritora
PaiArthur Grasemann
NaiEbba Elise Kruse
CónxuxeDonald John Rendell
FillosSimon Arthur Charles Rendell
Coñecida porFrom Doon with Death
PremiosComandante da Orde do Imperio Británico, Riverton International Honour Prize, Prémio Edgar, Martin Beck Award, Cartier Diamond Dagger, membro da Royal Society of Literature e Gumshoe Awards
editar datos en Wikidata ]
Escudo de armas de Ruth Rendell

Ruth Barbara Rendell, Baronesa Rendell de Babergh,[1] CBE, nada como Ruth Barbara Grasemann en Londres o 17 de febreiro de 1930 e finada na mesma cidade o 2 de maio de 2015,[2] foi unha escritora británica, autora de obras de misterio e psicoloxía criminal,[3] chamada en ocasións a "Raíña do Crime". Escribiu tamén baixo o pseudónimo Barbara Vine.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rendell naceu en South Woodford, Essex (actualmente Gran Londres).[4] Os seus pais eran profesores. A súa nai, Ebba Kruse, naceu en Suecia de pais dinamarqueses e criouse en Dinamarca; o seu pai, Arthur Grasemann, era inglés. Como resultado de pasar o nadal e outras vacacións en Escandinavia, Rendell aprendeu sueco e dinamarqués.[5] Rematou os seus estudos secundarios no Loughton County High School, en Essex.

Deu entón inicio a unha carreira no xornalismo,[4] traballando como reporteira e subeditora en diversos xornais rexionais. En 1950 casou co seu colega Don Rendell. En 1953 tiveron o seu único fillo, Simon.[6] A parella divorciouse en 1975 mais volveu casar dous anos despois.[7] Don Rendell faleceu en 1999 por mor dun cancro de próstata.[6]

Ao quedar embarazada, Rendell abandonou o traballo para ficar na casa. Pasaron preto de dez anos durante os que Ruth Rendell empregaba o seu tempo libre experimentando coa escritura, tentando varios xéneros literarios ata decidirse pola novela policíaca. Así, publicou o seu primeiro libro en 1964, co título From Doon With Death. Nesta novela, a escritora presentou o Inspector Reginald Wexford,[8] detective da pequena localidade de Kingsmarkham, personaxe que obtivo dende o principio gran popularidade. Continuaron moitos outros volumes, entre os que estaban To Fear A Painted Devil (1965), Vanity Dies Hard (1966) e Wolf To The Slaughter (1967).

Durante a década de 1980 comezou a publicar novelas policíacas empregando o pseudónimo Barbara Vine para expremer a súa faceta máis psicolóxica. As obras así asinadas, constituíron un éxito de vendas bastante significativo.

Escritora prolífica, publicou preto de media centena de libros policíacos, que a crítica dividiu en tres categorías. Unha serie dedicada ao Inspector Wexford, das que destacan Kissing The Gunner's Daughter (1992) e Road Rage (1997); outra de psicoloxía patolóxica marcada sobre todo por obras como A Judgement In Stone (1977) e The Lake Of Darkness (1980); e as novelas que asinou como Barbara Vine, das que se poden salientar A Fatal Inversion (1987) e King Solomon's Carpet (1991).

Ademais de recibir varios premios literarios da especialidade, Ruth Rendell foi nomeada par vitalicio da Cámara dos Lores do Parlamento británico, como Baronesa Rendell de Babergh, de Aldeburgh no condado de Suffolk, o 24 de outubro de 1997.[9]

Rendell sufriu un ataque cardíaco o 7 de xaneiro de 2015[10] e faleceu o 2 de maio dese ano.[11]

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Serie Inspector Wexford[editar | editar a fonte]

  1. From Doon With Death (1964)
  2. Wolf to the Slaughter (1967)
  3. A New Lease of Death (1969)
  4. The Best Man to Die (1969)
  5. A Guilty Thing Surprised (1970)
  6. No More Dying Then (1971)
  7. Murder Being Once Done (1972)
  8. Some Lie And Some Die (1973)
  9. 'Shake Hands Forever (1975)
  10. A Sleeping Life (1979)
  11. Put on By Cunning (1981)
  12. The Speaker of Mandarin (1983)
  13. An Unkindness of Ravens (1985)
  14. The Veiled One (1988)
  15. Kissing the Gunner's Daughter (1992)
  16. Simisola (1994)
  17. Road Rage (1997)
  18. Harm Done (1999)
  19. The Babes in the Wood (2002)
  20. End in Tears (2005)
  21. Not in the Flesh (2007)
  22. The Monster in the Box (2009)

Obras escritas baixo o pseudónimo Barbara Vine[editar | editar a fonte]

Novelas curtas[editar | editar a fonte]

Coleccións[editar | editar a fonte]

Coleccións (historias longas)[editar | editar a fonte]

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • Ruth Rendell's Suffolk (1989)
  • Undermining the Central Line: giving government back to the people (con Colin Ward, 1989)
  • The Reason Why: An Anthology of the Murderous Mind (1995)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Baroness Rendell of Babergh". www.parliament.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2010. Consultado o 12 de xuño de 2012. 
  2. "Ruth Rendell - Biography". Encyclopedia of World Biography (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2012. 
  3. Flood, Alison (1 de marzo de 2013). "Ruth Rendell: a life in writing". The Guardian. Consultado o 1 de marzo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 "Ruth Rendell, crime writer - obituary". 2 de maio de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2018 – vía www.telegraph.co.uk. 
  5. LibBrooks. "The Profile: Ruth Rendell". the Guardian. 
  6. 6,0 6,1 "Open and shut case: Is Ruth Rendell finally ready to open up about her puzzling personal life?". The Independent. 
  7. Brooks, Libby (3 de agosto de 2002). "Ruth Rendell Dark Lady of Whodunnits". The Guardian (Londres). Consultado o 28 de outubro de 2011. [Ligazón morta]
  8. The Oxford Companion to English Literature. Sixth edition. Ed. by Margaret Drabble. Oxford University Press, 2000, p. 847. ISBN 0-19-866244-0.
  9. "No. 54933". The London Gazette. 29 de outubro de 1997. páx. 12149.
  10. "Ruth Rendell in critical condition after stroke". BBC News. 7 de xaneiro de 2015. 
  11. "Author Ruth Rendell dies aged 85". BBC News. Consultado o 2 de maio de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]