Patrice Leconte
Patrice Leconte | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de novembro de 1947 |
Lugar de nacemento | París |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | La Fémis e Institut des Hautes Études Cinématographiques |
Ocupación | actor, director de cinema, guionista, director de televisión, debuxante de banda deseñada e actor de cinema |
Premios | Commandeur des Arts et des Lettres, Premio Louis-Delluc, National Board of Review de Melhor Filme Estrangeiro, Broadcast Film Critics Association Award for Best Foreign Language Film, BAFTA de melhor filme em língua não inglesa, César de melhor realizador, César de melhor filme, Los Angeles Film Critics Association Award for Best Foreign Language Film, Premios César e officier de l'ordre national du Mérite |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Patrice Leconte, nado en París o 12 de novembro de 1947, é un director de cinema, guionista e actor francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Leconte naceu en París, mais criouse en Tours, onde desde os catorce anos realizou pequenos filmes como afeccionado.[1] Volveu a París en 1967 para estudar cinema no IDHEC (Institut des Hautes Études Cinématographiques) sen rematar a carreira. A finais da década de 1960, escribiu críticas na revista cinematográfica Cahiers du cinéma e de 1970 a 1974 traballou como debuxante na revista Pilote, mentres realizaba algunhas curtametraxes e numerosos anuncios publicitarios para televisión.[2]
Dirixiu a súa primeira longametraxe en 1975, Les vécés étaient fermés de l'intérieur, unha adaptación dunha banda deseñada de Gotlib que a pesar de contar con protagonistas tan recoñecidos como Jean Rochefort e Coluche supuxo un rotundo fracaso. Dedicou os tres anos seguintes á banda deseñada e á publicidade ata o seu encontro cos actores da compañía do café-teatro Splendid, dos que adaptou ao cinema a obra Amour, coquillages et crustacés baixo o título Les bronzés (1978), filme protagonizado por algúns dos actores da compañía (Michel Blanc, Christian Clavier, Josiane Balasko, Thierry Lhermitte, Gérard Jugnot). O filme foi un enorme éxito comercial e propulsou a fama deses actores que ata entón se movían no teatro alternativo. Porén, este éxito e o da súa secuela o ano seguinte, Les bronzés font du ski, cuñaron a Leconte como un realizador popular de comedias de éxito, un selo do que tardou en liberarse.[2]
As comedias seguintes gozaron de éxito comercial, mais a crítica permaneceu relativamente fría ata a estrea de Les Spécialistes (1985), que foi un fito tanto comercial como de crítica. O seu seguinte filme, Tandem (1986), confirmou a Leconte como un realizador maduro e recoñecido pola crítica, cun rexistro máis amplo.[2]
A súa primeira chegada ao público internacional foi en 1989 co filme Monsieur Hire, que se exhibiu no Festival de Cannes[3] e que continuou con certa ruptura cos seus primeiros traballos. Continuou con Le mari de la coiffeuse (1990) que o situou definitivamente entre os directores internacionais máis prestixiosos.[4] Aínda que xa nesa época dirixira máis de media ducia a crítica estranxeira, que descoñecía a súa traxectoria, tratouno como acabado de chegar. Desde entón alternou filmes como Ridicule ou L'Homme du train, de grande éxito internacional[5] e un amplo orzamento, con filme máis independentes como Les Grands Ducs ou Voir la mer, cunha distribución limitada só a Francia. En 2012, volveu ao mundo da banda deseñada para dirixir un filme de animación, Le Magasin des suicides, cun guión escrito adaptando a novela homónima do escritor francés Jean Teulé.
Traballou esporadicamente como actor e foi guionista de varios dos seus filmes.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Notas |
---|---|---|
1969 | L'Espace vital | Curtametraxe |
1971 | Le Laboratoire de l'angoisse | Curtametraxe |
1973 | La Famille heureuse (Famille Gazul) | Curtametraxe |
1976 | Les vécés étaient fermés de l'intérieur | |
1978 | Les Bronzés | |
1979 | Les Bronzés font du ski | |
1981 | Viens chez moi, j'habite chez une copine | |
1982 | Ma femme s'appelle reviens | |
1983 | Circulez y'a rien à voir | |
1985 | Les Spécialistes | |
1987 | Tandem | |
1988 | Sueurs froides | Serie de televisión (1 episodio) |
1989 | Monsieur Hire | |
1990 | Le Mari de la coiffeuse | |
1991 | Contre l'oubli | Segmento "Pour Alexandre Goldovitch, URSS" |
1992 | Le batteur du Boléro | Curtametraxe |
1993 | Tango | |
The King of Ads | Documental Segmento "Pilote commercial" | |
1994 | Le Parfum d'Yvonne | |
1995 | Lumière et Compagnie | Documental Segmento "La Ciotat 1996" |
1996 | Les Grands Ducs | |
Ridicule | ||
1998 | Une chance sur deux | |
1999 | La Fille sur le pont | |
2000 | La Veuve de Saint-Pierre | |
2001 | Félix et Lola | |
2002 | Rue des Plaisirs | |
L'Homme du train | ||
2004 | Confidences trop intimes | |
Dogora: Ouvrons les yeux | Documental | |
2006 | Les Bronzés 3 | |
Mon meilleur ami | ||
2007 | Trac | Curtametraxe |
Dix films pour en parler | Curtametraxe | |
2008 | La Guerre des miss | |
2011 | Voir la mer | |
2012 | Le Magasin des suicides | Filme de animación |
2013 | Une promesse | |
2014 | Une heure de tranquillité | |
2019 | Salauds de pauvres | Filme de episodios |
2022 | Maigret |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Patrice Leconte". www.staragora.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Downing, Lisa (2004). "I - The making of a director". Patrice Leconte (en inglés). Manchester University Press. pp. 8–34. ISBN 9780719064258.
- ↑ "Festival de Cannes: Monsieur Hire". festival-cannes.com. Consultado o 2009-08-01.
- ↑ Ryan Mottesheard: Arms Wide Open: Patrice Leconte Talks About "Intimate Strangers in IndieWIRE, 30 de xullo de 2004
- ↑ McNary, Dave (7 de setembro de 2006). "Foreign-language fare lost in B.O. translation". Variety. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrice Leconte ![]() |