Saleta Fernández Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Século XX Vigo |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Saleta Fernández Fernández, nada en Vigo, é unha tradutora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1992 e 1996 cursou o grao de tradución e interpretación na Universidade de Vigo.[1] Entre 2000 ao 2003 obtivo na mesma universidade o título de profesora de tradución xeral alemán-galego e alemán-español.[1]
Traballa sobre todo nos campos de turismo, mercadotecnia e publicidade, especializándose na tradución técnica: industria automotriz, maquinaria, e desenvolvemento de produtos: manuais de instrucións, páxinas web, catálogos etc.[1]
Xunto con Lara Santos e María Reimóndez foi unha das fundadoras da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) en 2001, e impulsora con elas de todas as iniciativas que viñeron despois.[2]
Entre as súas traducións de obras literarias destacan Novela de xadrez, do escritor austríaco Stefan Zweig, (traducida ao galego en tándem con Patricia Buxán)[3] e a tradución ao castelán do libro Contos de ida e volta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Saleta Fernández en Linkedin.
- ↑ Patricia Buján Otero AGPTI: Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, en lalinternadeltraductor.org (en castelán).
- ↑ Ficha en Cultura Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Saleta Fernández en Linkedin (en francés), (en inglés).
- Lista de profeionaisArquivado 01 de setembro de 2018 en Wayback Machine. da AGPTI.
- Luna Alonso, Ana: "O papel da tradutora no campo literario galego" Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 20 (Núm. especial) 2017: 147-156 (ver esp. a páx. 152).