Saltar ao contido

SWIFT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
S.W.I.F.T. SCRL
TipoCooperativa
Fundación3 de maio de 1973 (51 anos)
LocalizaciónLa Hulpe, Bélxica
Persoas claveJavier Perez-Tasso, Director xeral
Yawar Shah, Presidente do consello de dirección
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosTelecomunicacións financeiras
Número de empregados> 3 000
Na rede
http://www.swift.com/ e https://www.swift.com/
editar datos en Wikidata ]

A Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT) (en galego, Sociedade para as Telecomunicacións Financeiras Interbancarias Mundiais), legalmente S.W.I.F.T. SCRL, proporciona unha rede que permite ás institucións financeiras de todo o mundo enviar e recibir información de transaccións financeiras nun contorno seguro, estandarizado e fiábel. SWIFT tamén vende software e servizos a institucións financeiras, a maioría para usar na rede SWIFTNet, e Códigos de Identificación de Negocios ISO 9362 (BICs, antes Códigos de Identificación de Banco), popularmente coñecidos como "códigos SWIFT".

En 2018, arredor da metade dos pagos transfronteirizos de valor elevado de todo o mundo usaron a rede da SWIFT.[1] En 2015, SWIFT conectou a máis de 11 000 institucións financeiras en máis de 200 países e territorios, que intercambiaron unha media de máis de 32 millóns de mensaxes ao día (comparado a unha media de 2,4 millóns de mensaxes diarias en 1995).[Cómpre referencia] SWIFT transporta mensaxes financeiras dun xeito altamente seguro, pero non se responsabiliza dos seus membros nin realiza ningún tipo de compensación ou liquidación.

SWIFT non realiza transferencias de fondos: o que fai é enviar ordes de pago, que deben estar respaldadas polas contas correspondentes que as institucións teñen unhas con outras. Cada institución financeira, para intercambiar transaccións bancarias, ten que ter unha relación bancaria sexa un banco ou sexa estando afiliado con un (ou máis), para así poder gozar daquelas características empresariais particulares.

SWIFT recibe críticas pola súa ineficiencia a raíz dunha información do Financial Times que observou en 2018 que a miúdo as transferencias "pasan por múltiples bancos antes de chegar ao seu destino final, facendo que sexan un gasto de tempo, custosas e con falta de transparencia en como o diñeiro chega ao outro extremo".[1] SWIFT presentou o seu propio servizo mellorado chamado Global Payments Innovation (GPI), declarando que en 2018 fora adoptado por 165 bancos e completaba a metade dos seus pagos en menos de 30 minutos.[1]

SWIFT é unha sociedade cooperativa segundo a lei belga propiedade das institucións financeiras membros e con oficinas en todo o mundo. A sede central de SWIFT está en La Hulpe, Bélxica, preto de Bruxelas. O edificio principal foi deseñado por Ricardo Bofill Taller de Arquitectura e rematouse en 1989.[2] O presidente do consello de dirección de SWIFT é o paquistaní[3] migrado nos EUA Yawar Shah,[4] e o seu CEO, dende xullo de 2019, é o español migrado en Bélxica Javier Pérez-Tasso.[5] SWIFT celebra unha conferencia anual, chamada Sibos, dirixida á industria de servizos financeiros.[Cómpre referencia]

SWIFT estivo en varias ocasións no centro da polémica por permitir ao goberno dos EUA monitorizar, e nalgúns casos mesmo interferir, transaccións intra-europeas.

SWIFT foi fundada en Bruxelas o 3 de maio de 1973 baixo o liderado do seu primeiro director xeral, Carl Reuterskiöld (1973–1989), e tivo o apoio de 239 bancos en 15 países.[6] Comezou establecendo estándares comúns, un sistema de procesamento de información compartida para transaccións financeiras e unha rede mundial de comunicacións deseñada por Logica e desenvolvida por Burroughs Corporation.[Cómpre referencia] Os procedementos operativos fundamentais, as normas de responsabilidade, etc., establecéronse en 1975, e a primeira mensaxe enviouse en 1977. O primeiro centro operativo de SWIFT en Estados Unidos foi inaugurado polo Gobernador de Virxinia John N. Dalton en 1979.[3]

Estándares

[editar | editar a fonte]

SWIFT deveu o estándar para a industria en sintaxe de mensaxes financeiras. Mensaxes formatadas segundo os estándares de SWIFT poden ser lidas e procesadas por moitos dos máis coñecidos sistemas de procesamento, independentemente de que a mensaxe viaxe ou non a través da rede de SWIFT. SWIFT coopera con organizacións internacionais para definir estándares para formato de mensaxe e contido. SWIFT é tamén autoridade de rexistro (RA) para os seguintes estándares ISO:[7]

  • ISO 9362: 1994, Actividades bancarias – mensaxes de telecomunicacións bancarias - códigos de identificación de bancos.
  • ISO 10383: 2003, Seguranza e instrumentos financeiros relacionados - Códigos para trocos e identificación de mercado (MIC).
  • ISO 13616: 2003, Rexistro de IBAN.
  • ISO 15022: 1999, Seguranza - Esquema para mensaxes (Dicionario de campos de datos) (substitúe o ISO 7775)
  • ISO 20022-1: 2004 e ISO 20022-2: 2007, Servizos financeiros - Esquema universal de mensaxes para o sector financeiro.

Na RFC 3615 urn:swift definiuse como Nome Uniforme de Recurso (URNs) para SWIFT FIN.[8]

Centros de operacións

[editar | editar a fonte]

A rede de mensaxería segura de SWIFT funciona con tres centros de datos, un nos Estados Unidos, un nos Países Baixos e un na Suíza. Este centros comparten información practicamente en tempo-real. En caso de fallo nun dos centros de datos calquera dos outros é capaz de manexar o tráfico de toda a rede. SWIFT utiliza cables de comunicacións submarinos para transmitir os seus datos.[9]

SWIFT abriu o seu terceiro centro de datos na Suíza en 2009.[Cómpre referencia] No mesmo ano SWIFT presentou unha nova arquitectura distribuída con dúas zonas de mensaxería: europea e transatlántica, desta forma os datos dos membros europeos de SWIFT xa non se replican no centro de datos dos EUA.[Cómpre referencia] As mensaxes da zona europea almacénanse nos Países Baixos e nunha parte do centro operativo da Suíza; as mensaxes da zona transatlántica almacénanse nos Estados Unidos e nunha parte do centro operativo da Suíza separado das mensaxes da zona europea. Os países de fóra de Europa almacenaban por defecto na zona transatlántica pero podían escoller gardar as súas mensaxes na zona europea.

Centros de datos
SN Centros de datos SWIFT Tipo
1 Zoeterwoude, Países Baixos OPC (Centro operativo)
2 Culpeper, Virxinia, EUA OPC (Centro operativo)
3 Suíza OPC (Centro operativo)
4 Hong Kong, China Orde e control

Rede SWIFTNet

[editar | editar a fonte]

SWIFT mudou á súa actual infraestrutura de rede IP, coñecida como SWIFTNet, de 2001 a 2005,[Cómpre referencia] substituíndo por completo á infraestrutura X.25 previa. O proceso implicou o desenvolvemento de novos protocolos que faciliten o envío eficiente de mensaxes, utilizando estándares de mensaxes xa existentes e tamén novos . A tecnoloxía escollida para desenvolver os protocolos foi XML, que agora proporciona un envoltorio para todas as mensaxes antigas ou actuais. Os protocolos de comunicación poden dividirse en:

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

SWIFT proporciona un mecanismo centralizado de almacenamento e reenvío con algunha xestión de operacións. Para que o banco A mande unha mensaxe para o banco B cunha copia ou autorización á institución C, dálle formato á mensaxe segundo o estándar e envíao de forma segura a SWIFT. SWIFT garante a súa entrega segura e fiábel a B após a correspondente acción de C. As garantías de SWIFT baséanse principalmente nunha elevada redundancia de hardware, software e persoal.

SWIFTNet Phase 2

[editar | editar a fonte]

Durante 2007 e 2008, toda a rede de SWIFT migrou a súa infraestrutura a un novo protocolo chamado SWIFTNet Phase 2. A principal diferenza entre Phase 2 e a anterior configuración é que Phase 2 require que os bancos que se conectan á rede usen Relationship Management Application (RMA) en vez do anterior sistema de bilateral key exchange (BKE). Segundo a base de datos de información pública de SWIFT sobre o tema, o software RMA debería ser máis seguro e máis fácil de manter actualizado; con todo, pasar ao sistema RMA significou que milleiros de bancos ao redor do mundo tiveron que actualizar os seus sistemas de pagos internacionais para cumprir os novos estándares. RMA substituíu por completo a BKE o 1 de xaneiro de 2009.

Produtos e interfaces

[editar | editar a fonte]

SWIFT ten varios significados no mundo financeiro:

  1. unha rede segura para transmitir mensaxes entre institucións financeiras;
  2. un conxunto de estándares de sintaxe para mensaxes financeiras (para transmisión por SWIFTNet ou calquera outra rede)
  3. un conxunto de software de conexión e servizos que permiten ás institucións financeiras transmitir mensaxes pola rede SWIFT.

Ademais do anterior, SWIFT proporciona solucións de chave na man para membros, que consisten en clientes linkage para facilitar a conectividade á rede de SWIFT e "terminais con computadores" (CBT, computer based terminals) que os membros usan para xestionar a entrega e recepción das súas mensaxes. Algunhas das interfaces máis coñecidas e CBT ofrecidos aos seus membros son:

  • SWIFTNet Link (SNL): software que se instala no sitio web do cliente de SWIFT e abre unha conexión con SWIFTNet. Outros aplicativos só poden comunicarse con SWIFTNet a través de SNL.
  • Alliance Gateway (SAG): software con interfaces (p.ex., RAHA = Remote Access Host Adapter), permitindo a outros produtos de software usar SNL para conectarse a SWIFTNet.
  • Alliance WebStation (SAB) interface de computador para SWIFT Alliance Gateway con varias opcións:
  1. acceso de administrador a SAG,
  2. conexión directa a SWIFTNet con SAG, para administrar os certificados SWIFT,
  3. conexión a SWIFTNet a través de navegador web (tamén por SAG) para usar os servizos adicionais, como por exemplo Target2.
  • Alliance Access (SAA) e Alliance Messaging Hub (AMH) son os principais aplicativos de mensaxería de SWIFT, e permiten a creación de mensaxes FIN, enrutamento e monitorización de mensaxes MX e FIN. As principais interfaces son FTA (transferencia de arquivos automatizada, non FTP) e MQSA, unha interface de WebSphere MQ.
  • A Alliance Workstation (SAW) é o software de computador para administración, monitorización e creación de mensaxes FIN. Posto que Alliance Access aínda non é capaz de crear mensaxes MX ten que usarse Alliance Messenger (SAM).
  • Alliance Web Platform (SWP) é unha interface de computador de cliente fino alternativa a Alliance WebStation, Alliance Workstation e Alliance Messenger.
  • Alliance Integrator, desenvolvido con Java Caps de Oracle, que permite aos aplicativos de administración do cliente conectarse a Alliance Access ou Alliance Entry.
  • Alliance Lite2 é unha forma de conectarse á rede de SWIFT segura, fiábel e na nube. É unha versión lixeira de Alliance Access especificamente dirixida a clientes cun volume baixo de tráfico.
Servizos

Hai catro áreas chave que lle corresponden a SWIFT dentro do mercado financeiro: títulos valor, tesouraría e derivados, servizos comerciais e pagos e xestión de efectivo.

Swift Ref, a utilidade de datos de referencia de pago global, é o servizo de datos de referencia único de SWIFT. Swift Ref obtén os datos directamente das fontes dos datos, incluíndo bancos centrais, emisores de código e bancos, facilitando a emisores e fontes manter os datos de forma regular e meticulosa. SWIFTRef continuamente valida e cruza datos de diferentes conxuntos de datos.[Cómpre referencia]

SWIFTNet Mail

[editar | editar a fonte]

SWIFT ofrece un servizo de mensaxería seguro entre persoas, SWIFTNet Mail, que comezou a funcionar o 16 de maio de 2007.[Cómpre referencia] A clientela de SWIFT pode configurar a súa infraestrutura de correo electrónico para que as mensaxes pasen a través da fiábel rede de alta seguridade de SWIFT, en troques de facelo a través da internet aberta.. SWIFTNet Mail está deseñado para a transferencia segura de documentos empresariais sensíbeis, como facturas, contratos e autorizados bancarios, co obxectivo de substituír aos actuais faxes e servizos de mensaxería, así como a transmisión de datos sensíbeis a través da internet aberta. Sete institucións financeiras, incluíndo HSBC, FirstRand Bank, Clearstream, DnB NOR, Nedbank, e Standard Bank de Suráfrica e a propia SWIFT dirixen o servizo."SWIFTNet Mail pilot phase underway". SWIFT - The global provider of secure financial messaging services. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2008. Consultado o 6 de setembro de 2021. 

Participación do goberno dos EUA

[editar | editar a fonte]

Programa de Seguimento do Financiamento do Terrorismo

[editar | editar a fonte]

Unha serie de artigos publicados o 23 de xuño de 2006 no The New York Times, o The Wall Street Journal, e o Los Angeles Times revelaron un programa, chamado Programa de Seguimento do Financiamento Terrorista, que o Departamento do Tesouro dos EUA, a Axencia Central de Intelixencia (CIA) e outras axencias gobernamentais dos EUA iniciaron após os Atentados do 11 de setembro para acceder á base de datos de transaccións de SWIFT.[11]

Despois da publicación dos artigos, SWIFT rapidamente viuse baixo presión por comprometer datos persoais dos seus clientes ao permitir a gobernos acceder a información persoal sensíbel. En setembro de 2006 o goberno belga declarou que os acordos de SWIFT coas autoridades gobernamentais estadounidenses eran unha ruptura das leis de privacidade belga e europea.

Como resposta, e para satisfacer as preocupacións sobre privacidade dos membros, SWIFT comezou un proceso de mellora da súa arquitectura implementando unha arquitectura distribuída cun modelo de dúas zonas para almacenar mensaxes (ver Centros de operacións).

Ao mesmo tempo, a Unión europea negociou un acordo co goberno dos Estados Unidos de América para permitir a transferencia de información de transaccións de SWIFT dentro da UE aos EUA baixo certas circunstancias. Debido á preocupación sobre os seus posíbeis contidos, o Parlamento Europeo aprobou unha declaración de postura en setembro de 2009, reclamando ver o texto completo do acordo e pedindo que fora totalmente compatíbel coa lexislación de protección de datos da UE, con mecanismos de control para asegurar que todas as peticións de datos foron tratadas axeitadamente.[12] Un acordo provisional foi asinado sen aprobación do Parlamento Europeo polo Consello Europeo o 30 de novembro de 2009,[13] o día antes de que o Tratado de Lisboa—que tería prohibido un acordo dese estilo asinado baixo os termos do procedemento de Codecisión—entrara en vigor formalmente. Aínda que o acordo provisional estaba previsto que entrara en vigor o 1 de xaneiro de 2010 o texto do acordo foi clasificado como "EU Restricted" até que se fixeron as traducións en todos os idiomas da UE e foi publicado o 25 de xaneiro de 2010.

O 11 de febreiro de 2010 o Parlamento europeo decidiu rexeitar o acordo provisional entre a UE e os EUA por 378 a 196 votos.[14][15] Unha semana antes a Comisión das Liberdades Cívicas, a Xustiza e os Asuntos internos do Parlamento rexeitara o acordo por motivos legais.[16]

En marzo de 2011 informouse de que dous mecanismos de protección de datos fallaran: EUROPOL publicou un informe denunciando que as solicitudes de información dos EUA eran demasiado imprecisas (facendo imposíbel facer xuízos sobre a súa validez)[17] e que o dereito garantido aos cidadáns europeos de saber se a súa información fora accedida por autoridades dos EUA non estaba a ser posto en práctica.[17]

Sancións contra Irán

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2012 a ONG estadounidense Unidos Contra o Irán Nuclear (UANI) realizou unha campaña que pedía a SWIFT que puxera fin a todas as súas relacións co sistema bancario de Irán, incluíndo o Banco Central de Irán. UANI afirmaba que a participación de Irán en SWIFT violaba as sancións económicas impostas contra o país pola UE e os EUA, así como as regras corporativas da propia SWIFT.[18]

Como consecuencia, en febreiro de 2012, a Comisión do Senado dos EE.UU de Bancos aprobou por unanimidade sancións contra SWIFT co obxectivo de realizar presión na rede de telecomunicacións financeira belga para que puxera fin ás súas ligazóns cos bancos iranianos da lista negra. Expulsar os bancos iranianos de SWIFT denegaría a Irán o acceso potencial a milleiros de millóns de dólares en ingresos e investimentos a través de SWIFT, pero non a través de TIF. Mark Wallace, presidente de UANI, felicitou á Comisión.[19]

Nun primeiro momento SWIFT negou que estivera a actuar ilegalmente,[19] pero máis tarde dixo que "está a traballar cos EUA e os gobernos europeos para resolver as súas preocupacións de que os seus servizos financeiros estean a ser utilizados por Irán para evitar sancións e realizar negocios ilícitos".[20] Os bancos sinalados serían—entre outros— Bank Saderat Iran, Bank Mellat, Post Bank of Iran e Bank Sepah.[21] O 17 de marzo de 2012, seguindo o acordo entre os 27 estados membro do Consello da Unión Europea e a correspondente orde do Consello, SWIFT desconectou a todos os bancos iranianos identificados como institucións que estaban a infrinxir as sancións da UE vixentes da súa rede internacional e advertiu que máis institucións financeiras iranianas poderían ser desconectadas da rede.

En febreiro de 2016 a maioría dos bancos iranianos reconectáronse á rede tras o levantamento das sancións segundo o Plan de Acción Global Conxunto.[22]

Control dos EUA sobre transaccións dentro da UE

[editar | editar a fonte]

O 26 de febreiro de 2012 o diario danés Berlingske informou que as autoridades dos EUA tiñan control suficiente sobre SWIFT como para interceptar diñeiro transferido entre dous países (Dinamarca e Alemaña) da Unión Europea, xa que foran capaces de reter preto de 26 000 $ que estaban a ser transferidos dun empresario danés a un banco alemán. A transacción foi dirixida automaticamente aos EUA, posibelmente porque a moeda da transacción era o dólar EUA, e desta maneira capturaron os fondos. O diñeiro era un pago por un lote de puros cubanos importados anteriormente a Alemaña por un provedor alemán. Como xustificación da incautación, o Departamento do Tesouro dos EUA afirmou que o empresario danés violara o embargo de Estados Unidos a Cuba.[23][24]

Vixilancia por parte da NSA

[editar | editar a fonte]

O xornal alemán Der Spiegel Informou en setembro de 2013 que a Axencia de Seguranza Nacional (NSA) controla de forma xeneralizada as transaccións que se realizan vía SWIFT, así como as transaccións con tarxeta do crédito.[25] A NSA interceptou e retivo datos da rede de SWIFT usada por centos de bancos para enviar información de transaccións de forma segura. SWIFT foi marcada como "obxectivo", segundo os documentos filtrados por Edward Snowden. Os documentos revelaron que a NSA espiaba a SWIFT utilizando varios métodos, incluído ler "o tráfico de impresión de SWIFT de numerosos bancos ".[25] En abril de 2017, un grupo coñecido como The Shadow Brokers liberou ficheiros presuntamente da NSA que indicaban que a axencia monitorizaba as transaccións financeiras que se facían a través de SWIFT.[26][27]

Participación en sancións

[editar | editar a fonte]

Como se menciona arriba, SWIFT desconectou da súa rede internacional a todos os bancos iranianos como sanción contra Irán. Pero en 2016, os bancos iranianos que xa non estaban en listas de sancións internacionais foron reconectados a SWIFT.[28] Aínda que isto permite o movemento de diñeiro a e dende bancos iranianos, os bancos estranxeiros fican precavidos de manter negocios co país. Debido ás sancións principais, as transaccións de bancos dos EUA con Irán ou transaccións en dólares EUA con Irán seguen prohibidas.

De xeito semellante, en agosto de 2014 o Reino Unido planeou presionar á UE para bloquear o uso ruso de SWIFT como sanción pola intervención militar rusa en Ucraína.[29] Con todo, SWIFT rexeitou facelo.[30] SPFS, un equivalente de SWIFT con sede en Rusia, foi creado polo Banco Central de Rusia como medida de seguridade adicional.[31]

En 2014, SWIFT rexeitou peticións de activistas pro-palestinos para revogar o acceso dos bancos israelís á súa rede.[32]

Competencia

[editar | editar a fonte]

Algunhas alternativas ao sistema de SWIFT:

  1. INSTEX – co apoio da UE.
  2. CIPS – co apoio de China.
  3. SPFS – co apoio de Rusia.
  4. Ripple - creado por Ripple Labs Inc.
  5. Stellar - creado por Stellar Development Foundation

Seguranza

[editar | editar a fonte]

 En 2016 un roubo de 81 millóns de dólares do banco central de Bangladesh da súa conta no Banco da Reserva Federal de Nova York foi rastrexado ata un ciberataque contra o software Alliance Access de SWIFT, segundo unha reportaxe do The New York Times. Non foi a primeira tentativa, segundo recoñeceu a sociedade, e a seguranza do sistema de transferencia pasou polo correspondente novo exame.[33] Pouco despois das noticias do roubo do banco central de Bangladesh, un segundo ataque, aparentemente relacionado, foi notificado nun banco comercial en Vietnam.[34][35]

Nos dous ataques detectouse malware escrito para crear mensaxes SWIFT non autorizadas e para encubrir que as mensaxes foran enviadas. Despois de que o malware enviara as mensaxes de SWIFT que roubaron os fondos, eliminou o rexistro de base de datos das transferencias e tomou precaucións para que as mensaxes de confirmación non revelaran o roubo. No caso de Bangladesh, as mensaxes de confirmación aparecerían nun informe en papel; o malware alterou os informes en papel cando foron enviados á impresora. No segundo caso, o banco usaba informes en PDF e o malware alterou o visor de PDF para agochar as transferencias.[34]

En maio de 2016 o Banco del Austro (BDA) de Ecuador demandou a Wells Fargo despois de que a propia Wells Fargo tramitara solicitudes de transferencias de fondos por valor de 12 millóns de dólares realizadas por ladróns.[35] Neste caso, os ladróns enviaron mensaxes SWIFT semellantes a solicitudes de transferencia recentes do BDA con cantidades modificadas lixeiramente. Os informes non detallan como os ladróns conseguiron acceso para enviar as mensaxes SWIFT. BDA afirma que Wells Fargo debería ter detectado as mensaxes SWIFT sospeitosas, que se realizaron fóra do horario normal de traballo do BDA e eran dun tamaño inusual. Wells Fargo afirma que BDA é responsábel da perda, xa que os ladróns accederon usando as credenciais SWIFT auténticas dun empregado do BDA e enviou mensaxes SWIFT tamén auténticas .[35]

Na primeira metade de 2016, documentouse por diferentes fontes que un banco ucraíno anónimo e outros—pode que "ducias" que non se fixeron públicos—foran "comprometidos" a través da rede de SWIFT e chegaron a perder diñeiro.[36] O episodio foi investigado pola ISACA.

  1. 1,0 1,1 1,2 Arnold, Martin (6 de xuño de 2018). "Ripple and Swift slug it out over cross-border payments". Financial Times. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  2. Vergano, Serena, ed. (2009). Ricardo Bofill Taller de Arquitectura: Architecture in the era of local culture and international experience. RBTA. p. 130. 
  3. 3,0 3,1 "Carl Reuterskiöld". SWIFT - The global provider of secure financial messaging services. 23 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  4. "The SWIFT Board of Directors". SWIFT - The global provider of secure financial messaging services. Consultado o 31 de agosto de 2021. 
  5. "SWIFT Management". SWIFT - The global provider of secure financial messaging services. Consultado o 31 de agosto de 2021. 
  6. V. Scott, Susan; Zachariadis, Markos (21 de outubro de 2013). The Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT): Cooperative governance for network innovation, standards, and community. pp. 16–. ISBN 978-1-317-90953-8. 
  7. "Maintenance agencies and registration authorities". ISO. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  8. "RFC 3615 - A Uniform Resource Name (URN) Namespace for SWIFT Fin". faqs.org. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  9. Sechrist, Michael (23 de marzo de 2010). "Cyberspace in Deep Water: Protecting Undersea Communication Cables By Creating an International Public-Private Partnership" (PDF). The Belfer Center for Science and International Affairs. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2021. For example, the Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT), which describes itself as “the global provider of secure financial messaging services”, uses undersea fiber-optic communications cables to transmit financial data between 208 countries 
  10. 10,0 10,1 "Accord". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  11. Brand, Constant (28 de setembro de 2006). "Belgian PM: Data Transfer Broke Rules". The Associated Press. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  12. "Resolução do Parlamento Europeu, de 17 de Setembro de 2009, sobre o acordo internacional previsto para disponibilizar ao Departamento do Tesouro dos Estados Unidos dados de serviços de transmissão de mensagens sobre pagamentos financeiros destinados a prevenir e combater o terrorismo e o financiamento do terrorismo". Parlamento Europeu. 17 de setembro de 2009. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  13. "SWIFT: Parlamento Europeu vai votar brevemente acordo provisório". Parlamento Europeu. 20 de xaneiro de 2010. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  14. Brand, Constant (11 de febreiro de 2010). "Parliament rejects bank transfer data deal". POLITICO. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  15. "European Swift bank data ban angers US". BBC News. 11 de febreiro de 2010. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  16. Turner, Rob, ed. (11 de febreiro de 2010). "European parliament rejects SWIFT deal for sharing bank data with US". DW. Reuters. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  17. 17,0 17,1 Schult, Christoph (16 de marzo de 2011). "Brussels Eyes a Halt to SWIFT Data Agreement". Der Spiegel. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  18. Gladstone, Rick (31 January 2012). "Iran Praises Nuclear Talks With Team From U.N.". The New York Times. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  19. 19,0 19,1 Gladstone, Rick (2 de febreiro de 2021). "Senate Panel Approves Potentially Toughest Penalty Yet Against Iran’s Wallet". The New York Times. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  20. Solomon, Jay; Entous, Adam (4 de febreiro de 2012). "Banking Hub Adds to Pressure on Iran". The Wall Street Journal. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  21. Blenkinsop, Phillip; Younglai, Rachelle (17 de febreiro de 2012). "UPDATE 3-Banking's SWIFT says ready to block Iran transactions". Reuters. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  22. Torchia, Andrew; Blenkinsop, Phil; Milliken, David; Zhdannikov, Dmitry (17 de febreiro de 2016). Weir, Keith, e Holmes, David, ed. "Iranian banks reconnected to SWIFT network after four-year hiatus". Reuters. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  23. Bendtsen, Simon; Suppli Benson, Peter (26 de febreiro de 2012). "Dansk politimand fanget i amerikansk terrornet". Berlingske Tidende (en dinamarqués). Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  24. "US snubs out legal cigar transaction". The Copenhagen Post. 27 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  25. 25,0 25,1 "NSA Spies on International Payments". Der Spiegel. 15 de setembro de 2013. Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  26. Baldwin, Claire (14 de abril de 2017). "Hackers release files indicating NSA monitored global bank transfers". Reuters. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  27. Lawler, R. (15 de abril de 2017). "Shadow Brokers release also suggests NSA spied on bank transactions". Engadget. Consultado o 20 de marzo de 2022. 
  28. "Iranian banks reconnected to SWIFT network after four-year hiatus". Reuters. 17 de febreiro de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  29. Hutton, Robert; Wishart, Ian (30 de agosto de 2014). "U.K. Wants EU to Block Russia From SWIFT Banking Network". Bloomberg. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  30. "SWIFT Sanctions Statement". SWIFT - Thel global provider of secure financial messaging service. 6 de outubro de 2014. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  31. Turak, Natasha (23 de maio de 2018). "Russia’s central bank governor touts Moscow alternative to SWIFT transfer system as protection from US sanctions". Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  32. Ravid, Barak (7 de outubro de 2014). "International Banking Giant Refuses to Cut Off Israel, Despite Boycott Calls". Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  33. Corkery, Michael. "Hackers’ $81 Million Sneak Attack on World Banking". The New York Times. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  34. 34,0 34,1 Corkery, Michael. "Once Again, Thieves Enter Swift Financial Network and Steal". The New York Times. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  35. 35,0 35,1 35,2 Bergin, Tom; Layne, Nathan (20 de maio de 2016). "Special Report: Cyber thieves exploit banks' faith in SWIFT transfer network". Reuters. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  36. "SWIFT robbers swoop on Ukrainian bank". SC Magazine. 29 de xuño de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]