MAN SE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MAN
TipoSociedade Europea
Fundación1758
MatrizGrupo Volkswagen
LocalizaciónMünchen, Alemaña Alemaña
IndustriaMaqunaria
ProdutosCamións, motores
Número de empregados53.824 (31 de decembro de 2016)
Na rede
https://www.mantruckandbus.com/en/man.html
Facebook: mantruckandbus Twitter: man_group Instagram: mantruckandbus Youtube: UCA4oSrK7u_u_7IE6_7K3Mpg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

MAN SE (acrónimo en alemán de Maschinenfabrik Augsburg-Nürnberg SE) é unha empresa alemá adicada ao deseño e fabricación de camións, motores e equipamento industrial e naval.

Historia[editar | editar a fonte]

Forxa en St. Antony.

A orixe de MAN remóntase a 1758, cando en Oberhausen nos inicios da siderurxia St. Antony, como primeira empresa da industria pesada na rexión do Ruhr. En 1808 as tres fundicións St. Antony, Gute Hoffnung (en galego: Boa Esperanza), e Neue Essen (en galego: Nova Forxa) se xuntaron para crear Hüttengewerkschaft und Handlung Jacobi (en galego: Jacobi Unión de Traballadores do Ferro e Aceiro e Comercializadora), Oberhausen, que máis tarde pasou a chamarse Gute Hoffnungshütte (GHH).[1]

En 1840, o enxeñeiro alemán German Ludwig Sander fundou en Augsburgo a primeira empresa predecesora de MAN no sur de Alemaña: "Sander'sche Maschinenfabrik". En primeiro lugar converteuse en "C. Reichenbach'sche Maschinenfabrik", que foi nomeado en honor ao pioneiro das máquinas de impresión Carl August Reichenbach, e máis tarde en "Maschinenfabrik Augsburg". A marca Süddeutsche Brückenbau A.G. (MAN-Werk Gustavsburg) fundouse cando a compañía en 1859 foi premiada co contrato para a construción da ponte do ferrocarril sobre Rhine at Mainz.

Pacto de prezos dos fabricantes[editar | editar a fonte]

En 2016 a Comunidade Europea multou con tres mil millóns de euros aos seis maiores fabricantes europeos de camións: Scania multada con 880 millóns de euros, MAN, Daimler multada con 1.008 millóns, DAF multada con 752,7 millóns, Iveco multada con 494 millóns e Volvo/Renault multada con 670,5 millóns por fixar prezos dende 1997 e ata 2011, e limitar a competencia. MAN librou por ter colaborado nas investigacións e denunciado os feitos.[2]

A organización acordaba os prezos de fábrica dos camións medianos, entre seis e 16 toneladas, e os superiores. Despois acordaban o prezo en cada país. Tamén manipulaban os controis de emisións contaminantes e coordinaban as novidades tecnolóxicas nos controis de emisións.[3] O sobreprezo dos camións calcúlase nun 20% e afectaría a 200 000 camións.[4]

Notas[editar | editar a fonte]