Rubella virus
Virus da rubeola | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Nome binomial | |||||||||
Rubella virus |
O virus da rubéola é o patóxeno da rubéola, tamén chamada roséola epidémica ou sarampelo alemán.[1][2] Está causada por un virus do xénero Rubivirus, o Rubella virus que tamén pode causar a síndrome de rubéola conxénita cando a infección se produce durante as primeiras semanas de embarazo.
Clasificación taxonómica
[editar | editar a fonte]Até 2018, o Rubivirus era clasificado como membro da familia Togaviridae.[3][4] Esta mudanza taxonómica foi levada a cabo polo International Committee on Taxonomy of Viruses (ICTV), unha vez que a rubéola é considerada unha doenza exclusiva dos seres humanos e os restantes membros da familia Togaviridae infectan tanto insectos como mamíferos.[5][6]
Novas especies de Rubivirus
[editar | editar a fonte]O Rubella virus era o único membro coñecido do xénero Rubivirus que pertence á familia Matonaviridae. Porén, estudos realizados en outubro de 2020 en busca de variantes do coronavirus SARS-CoV-2, causante da pandemia de COVID-19, en animais placentarios informan do descubrimento de dúas novas especies de virus da rubéola, Rubivirus ruteetense (Virus Ruhugu) e Rubivirus strelense (Virus Rustrela) atopados en África e Europa, respectivamente.[7]
Características xenéticas
[editar | editar a fonte]Os membros da familia Matonaviridae comparten un xenoma de ARN (+)ssRNA monocatenario de sentido positivo, que está encerrado por unha cápside non icosaédrica e unido á membrana.
Síndrome de rubéola conxénita
[editar | editar a fonte]A base molecular da causa da síndrome de rubéola conxénita aínda non está completamente clara, pero estudos in vitro con liñas celulares mostran que o virus desencadea un efecto de apoptose en certos tipos de células. Hai evidencias dun mecanismo dependente da proteína p53.[8]
Características da doenza
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: rubéola.
- Enfermidade infecciosa aguda benigna
- Difusión: directa de persoa a persoa (secrecións nasofarínxeas) ou vertical (nai-feto).
- Período de incubación: 17 días, variando de 14 a 21 días, segundo os casos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "rubéola". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-09-10.
- ↑ "Dicionario galego de termos médicos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2023.
- ↑ Shmaefsky, B. R. 2009. Rubella and Rubeola: Deadly diseases and epidemics. Nova York. Chelsea House Publishers.
- ↑ Chen, R.; Mukhopadhyay, S.; Merits, A.; Bolling, B.; Nasar, F.; Coffey, L. L.; Powers, A.; Weaver, S. C.; Smith, D.; Simmonds, P.; Siddell, S. 2018. Create a new family Matonaviridae to include the genus Rubivirus, removed from the family Togaviridae. February: 1-7.
- ↑ Atkinson, W. 2011. Epidemiology and Prevention of Vaccine-Preventable Diseases. 12ª ed. Washington. The Public Health Foundation.
- ↑ Lambert, N.; Strebel, P.; Orenstein, W.; Icenogle, J.; Poland, G. A. 2015. Rubella. The Lancet. 385 (9984): 2297-2307.
- ↑ Mankertz, Annette; Chen, Min-Hsin; Goldberg, Tony L.; Hübschen, Judith M.; Pfaff, Florian; Ulrich, Rainer G.; ICTV Report Consortium (2022). "ICTV Virus Taxonomy Profile: Matonaviridae 2022". Journal of General Virology 103 (12): 001817. ISSN 1465-2099. doi:10.1099/jgv.0.001817.
- ↑ Megyeri K, Berencsi K, Halazonetis TD; et al. (junho de 1999). "Involvement of a p53-dependent pathway in rubella virus-induced apoptosis". Virology 259 (1): 74–84. PMID 10364491. doi:10.1006/viro.1999.9757.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Megyeri K, Berencsi K, Halazonetis TD; et al. (junho de 1999). «Involvement of a p53-dependent pathway in rubella virus-induced apoptosis». Virology. 259 (1): 74–84. PMID 10364491. doi: 10.1006/viro.1999.9757
- Bennett, A.J., Paskey, A.C., Ebinger, A. et al. Relatives of rubella virus in diverse mammals. Nature 586, 424–428 (2020). https://doi.org/10.1038/s41586-020-2812-9.
- Two New Rubella-Related Viruses Discovered: Ruhugu and Rustrela. Global Biodefense. Disponíbel em: https://globalbiodefense.com/2020/10/07/two-new-rubella-related-viruses-discovered-ruhugu-and-rustrela/.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |