Saltar ao contido

Xarampón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xarampón
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá diagnoses. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Neno de catro anos con xarampón.
 Instancia de
 Causa de
 Especialidade médica
 Tratamentos posibles
 Proceso de transmisión
Identificadores
MeSHD008457 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC96406 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2A71 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB7890 Editar o valor en Wikidata
CIE-111826431497 Editar o valor en Wikidata
CIE-10B05 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001569 Editar o valor en Wikidata
eMedicine966220 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O xarampón[1] ou sarampelo[2] é unha doenza infecciosa exantemática como a rubéola ou a varíola, bastante frecuente, especialmente en nenos, causada por un virus, especificamente da familia paramixoviridae (non confundir co xénero paramixovirus ó cal pertencen o virus das papeiras e parainfluenza) do xénero Morbillivirus. Caracterízase por típicas manchas na pel de cor vermella (eccemas) (exantema) así como febre e un estado xeral debilitado. Nalgúns casos de complicacións, o xarampón causa inflamación nos pulmóns e o cerebro que ameazan a vida do paciente.

O período de incubación do xarampón usualmente dura de 4 a 12 días, durante os cales non hai síntomas. As persoas infectadas permanecen contaxiosas dende a aparición dos primeiros síntomas até os 3-5 días despois da aparición das broullas.

A diagnose faise polo cadro clínico e a detección de anticorpos no sangue. Non existe terapia específica para o tratamento da enfermidade, con todo, pódese previr a enfermidade mediante a administración da vacina contra o xarampón. A vacina tripla vírica (tamén coñecida como SPR) reduciu o número de infeccións no pasado. Na maioría dos países, a enfermidade é de declaración obrigatoria ás autoridades de saúde social.

En 1998, a Asemblea Mundial da Saúde estableceu o obxectivo da eliminación do xarampón indíxena da Rexión Europea en 2007, para poder certificar a súa eliminación antes de 2010.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xarampón.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sarampelo.
  3. De Ory, F. et al.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.