Primož Brezec
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1979 (43 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,16 m (7 ft 1 in) |
Peso oficial | 116 kg (251 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Pre-draft club | KK Union Olimpija |
NBA Draft | 2000 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por Indiana Pacers |
Carreira | 1996–2017 |
Historial de equipos | |
Kraski Zidar (1998–2001) Esl. KK Union Olimpija (1998–2001) Indiana Pacers (2001–2004) Charlotte Bobcats (2004–2007) Detroit Pistons (2007–2008) Toronto Raptors (2008) Lottomatica Roma (2008–2009) Philadelphia 76ers (2009–2010) Milwaukee Bucks (2010) Krasnye Krylya (2010-2011) Lokomotiv Kuban (2011–2012) Nizhny Novgorod (2012–2014) AEK Larnaca (2015) Al Kuwait (2015) AEK Larnaca (2015−2017) Al-Ahli Manama (2017) |
Primož Brezec, nado en Postojna o 2 de outubro de 1979, é un ex xogador esloveno de baloncesto profesional. Mide 2,16 metros e xogaba na posición de pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Brezec creceu xogando en Kraski Zidar. Máis tarde xogou no KK Union Olimpija dende 1998 até 2001. Foi elixido na posición 27 do Draft da NBA de 2000 por Indiana Pacers. Tres anos despois e tras xogar poquísimo, foi elixido no draft de expansión polos Bobcats. No seu primeiro ano no equipo, tivo unha media de 13 puntos e 7 rebotes. O 14 de decembro de 2007 foi traspasado a Detroit Pistons xunto a Walter Herrmann a cambio de Nazr Mohammed.[1]
Dous meses despois, foi traspasado a Toronto Raptors a cambio de Juan Dixon. Tras o seu paso pola Lottomatica Roma, en agosto de 2009 regresou á NBA, fichando por Philadelphia 76ers.[2] En febreiro de 2010 foi traspasado a Milwaukee Bucks xunto con Royal Ivey a cambio de Francisco Elson e Jodie Meeks.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Herrmann es cambiado de Charlotte a los Pistons". ESPNdeportes.com (en castelán). 2007-12-15. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "Os 76ers fichan a Primoz Brezec". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 10 de abril de 2010.
- ↑ Sixers Complete Four Player Trade with Milwaukee - 2/18/2010
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 02 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1979
- Nados na Carniola Interior
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto de Eslovenia
- Xogadores do KK Union Olimpija
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban
- Xogadores do BC Nizhny Novgorod
- Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers
- Pivotes de baloncesto