Xoán López Durá
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 A Habana, Cuba |
Morte | 1973 (62/63 anos) México |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Xoán López Durá, nado na Habana en 1910 e finado en México en 1973, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi profesor de Dereito Administrativo en 1936. Foi director da Sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas do Seminario de Estudos Galegos. Militante do Partido Galeguista, logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Trasladouse a Alemaña para ampliar estudos e cando regresou estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e tivo que exiliarse en México. Foi profesor da Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo[1] en Morelio. Mantivo os contactos co galeguismo político no exilio a través do Consello de Galiza e do Padroado da Cultura Galega de México do que foi directivo. Posteriormente vinculouse á Unión do Povo Galego. Colaborou en revistas con traballos da súa especialidade, foi membro do consello de redacción da revista Vieiros e traduciu libros ao inglés.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Gómez, Claudia e Gerardo Sánchez Díaz (2008) Exilios en México siglo XX Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo, p. 148