Roque Pesqueira Crespo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1865 Ponteareas, España |
Morte | 27 de novembro de 1938 (72 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, escritor |
Roque Miguel Silvestre Pesqueira Crespo, nado en Ponteareas o 31 de decembro de 1865 e finado en Barcelona o 27 de novembro de 1938, foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Ourense e despois retornou a Ponteareas. Entre 1886 e 1888, residiu en Madrid. Regresou a Galicia e licenciouse en Dereito. Cando tiña sobre trinta anos aprobou as oposicións de rexistrador da propiedade e foi rexistrador de Xinzo de Limia, Vilamartín de Valdeorras, Ponteareas (1912), Valls (1925), Terrasa (1928) e Tortosa. Posteriormente residiu en Barcelona. Publicou poemas en O Tio Marcos d'a Portela, Galicia Moderna, O Antroido, Galicia. Revista Regional, A Fuliada, Café con Gotas, Galicia Humorística, Álbum Literario, Galicia Recreativa, A Monteira, El Independiente, El Regional, Revista Gallega, Gaceta de Galicia e El Eco de Galicia. Escribiu nove relatos: "ir por lan e...", "Males da emigración", "Os fillos do pescador", "A orella do demo", "No moiño", "idilio", "Hay que tempos", "Amores bulrados" e "Marcelo". Tamén redactou artigos, tanto en galego como en castelán, nos que defendía e exaltaba a lingua galega.
En 2001 o Centro Ramón Piñeiro editou un volume cos seus escritos titulado Relatos e outras prosas.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ponteareas con Heldiberta González Rivera en setembro de 1898[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de xaneiro de 2021.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 9-9-1898, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Silvestre Pesqueira Crespo, Roque Miguel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 245.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 94.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 687–688. ISBN 84-7492-465-0.