A Fuliada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Fuliada
PaísEspaña
Lugar de publicaciónBetanzos e A Coruña
Lingualingua galega
Fundación1887
Circulación
Frecuencia1 semana
editar datos en Wikidata ]

A Fuliada foi unha revista editada en Betanzos e A Coruña de 1887 a 1888, monolingüe en galego.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A Fuliada de Betanzos[editar | editar a fonte]

Subtitulada Cencerrada semanal. Pr’os xueves d’o ano todo, apareceu en Betanzos en marzo de 1887, como continuación de O Antroido. Editada por A. Amenedo Ponte e dirixida por Ángel Vázquez Taboada. Publicada integramente en galego. Atacou o periódico conservador e católico Las Mariñas. Ángel Vázquez Taboada e A. Amenedo Ponte, o editor da revista, instálanse na Coruña por motivos laborais a principios de 1888.

A Fuliada da Coruña[editar | editar a fonte]

A Fuliada ou zanfona semanal d'alegrias ou de bágoas segun qu'o pobo gallego s'adivirte, canta ou laya, apareceu na Coruña o 2 de febreiro de 1888. Saía os xoves de cada semana. Dirixida por Carlos Pol Caamaño, contaba coa colaboración de Ángel Vázquez Taboada. Incluíu composicións en galego de Manuel Curros Enríquez e Benito Losada Astray, e relatos en prosa. Cesou a súa edición probablemente o 26 de xullo de 1888.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]