Álbum Literario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Album literario. Revista semanal de literatura, ciencias y artes. Núm. 32. 9/9/1888.

Álbum Literario foi unha revista editada en Ourense entre 1888 e 1893.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista semanal de Literatura, Ciencias y Artes, apareceu o 5 de febreiro de 1888. O seu fundador e director foi Luciano Cid Hermida. Entre os seus colaboradores figuraron Heraclio Pérez Placer, Eladio Rodríguez González, Fernando García Acuña, Roque Pesqueira Crespo, Eduardo Núñez Sarmiento, Lisardo Barreiro, Ramón Méndez Gaite. Constaba das seccións: Crónica Orensana, para a cultura, Libros y publicaciones recibidas e En serio y en broma, para o humor. Informaba tamén sobre as actividades da Asociación Regionalista Gallega. Centrada na literatura, política e cultura popular, publicou tamén biografías, crítica literaria, estudios lingüísticos, artigos de historia local, monográficos a persoeiros ilustres e ensaios históricos. Apareceron poemas de Manuel Curros Enríquez, Alberto García Ferreiro e Filomena Dato en galego, e Jesús Muruais, Renato Ulloa, Victorino Novo García, Manuel Núñez González, Aurelio Ribalta, Fernando García Acuña e Xerardo Álvarez Limeses en castelán; relatos de Manuel Amor Meilán como "Baixo do alpendre"; estudos de carácter lingüístico e literario como "El dialecto gallego" de Benito Fernández Alonso e textos de historia de Ourense. Rematou a súa publicación en abril de 1893.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]