Roman Provincial Coinage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Roman Provincial Coinage (RPC) é un proxesto editorial de catalogación de moedas do Imperio Romano, iniciado en 1992, que abrangue as emisións provinciais romanas do príodo 44 a.C. - 296/7 d.C.

Este proxecto prevé a publicación de dez volumes, dos que ata 2022 se publicaron a metade.

O proxecto[editar | editar a fonte]

Os redactores responsables deste proxecto son Andrew Burnett (Departamento de Moedas e Medallas do British Museum), Michel Amandry (Gabinete de Medallas da Bibliothèque Nationale de France), Christopher Howgego (Ashmolean Museum) e Jerome Mairat (Universidade de Oxford).[1]

O obxectivo de Roman Provincial Coinage é o rexistro, en orde cronolóxica e xeográfica, de todas as emisións provincias romanas do período entre o 44 a.C.e o 296/7 d.C., tomando como base a análise das dez coleccións numismáticas máis importantes dese xénero, denominadas no proxecto "colaccións básicas".[2]

A base de datos das moedas estudadas está dispoñible na páxina web do proxecto.[3]

Coleccións básicas[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe das dez coleccións básicas nas que se basea do RPC:[4]

Repartición da materia por volumes[editar | editar a fonte]

Estes son os perídos que abrangue cada un dos volumes previstos e dos xa publicados:[5]

  1. Dinastía Xulio-Claudia.
  2. Dinastía Flavia.
  3. Nerva - Hadriano.
  4. Os Antoninos.
  5. Dinastía Severa.
  6. Alexandre Severo.
  7. Gordiano I - Gordiano III.
  8. Filipo o Árabe.
  9. Decio - Uranio Antonino.
  10. Valeriano - Diocleciano.

Volumes publicados[editar | editar a fonte]

Ata 2022, publicáronse cinco dos dez volumes previstos, ademais de varios apéndices, algúns deles dispoñibles unicamente en liña:

Volumes[editar | editar a fonte]

  • Vol I. (1992). The Roman Provincial Coinage. Vol. I. From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC-AD 69). Burnett, A.; Amandry, M.; Ripollès, P. P. ISBN 0 7141-0871-5 (reedicións en 1998 e 2006).
  • Vol. II (1999). Roman Provincial Coinage. Vol. II. From Vespasian to Domitian (AD 69-96). Burnett, A.; Amandry, M.; Carradice, I. ISBN 978-0714108988
  • Vol. III. (2015). Roman Provincial Coinage. Vol. III. From Nerva to Hadrian (AD 98-138). Burnett, A.; Amandry, M. ISBN 978-0714118277
  • Vol. VII-I (2006). Roman Provincial Coinage. Volume VII.1: From Gordian I to Gordian III (Ad 238-244). Spoerri-Butcher, M. ISBN 978-0714118130
  • Vol. VII-II (2022). Roman Provincial Coinage VII.2: From Gordian I to Gordian III (Ad 238-244). Spoerri-Butcher, M.; Mairat, J. ISBN 978-0714118307
  • Vol. IX (2016). Roman Provincial Coinage IX: From Trajan Decius to Uranius Antoninus (AD 249-254). Hostein, A.; Mairat, J.. ISBN 978-0714118291

Suplementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Advisory Board". No sitio web do RPC.
  2. "Roman Provincial Coinage". School of Archaeology. University of Oxford.
  3. "Volumes". No sitio web de RPC.
  4. "Core Collection". No sitio web de RPC.
  5. "Volumes". No sitio web do RPC.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Savio, A.; Cavagna, A. (eds). (2010). Atti della Giornatta di Studio 100 anni del Corpus Nummorum Italicorum. Milano 15 maggio 2009. Società Numismatica Italiana.
  • Travaini, L. (2010). "Il 'Corpus Nummorum Italicorum', un'opera in venti volumi". En Bollettino di Numismatica. Nº 54. Páxinas 339-346.
  • "Corpus Nummorum". En Time. 30 de xullo de 1923.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]