Christopher Howgego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristopher Howgego
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica
Educación Universidade de Oxford
Coñecido por- Estudos da moeda da Antiga Roma e da Antiga Grecia.
- Conservador do museo Ashmolean, de Oxford.
Actividade
Campo de traballoNumismática e museística
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Warwick (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1996): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society.
- Medalla de prata da Sociedade Numismática Norueguesa.

Dialnet: 2614013


Christopher J. Howgego é un numismático británico especializado na moeda da antigüidade, conservador do gabinete numismático do museo Ashmolean, da Universidade de Oxford.[1]

Howgego é tamén, desde 1988, profesor de Numismática Grega e Romana no Wolfson College, da mesma universidade, e profesor honorario da Universidade de Warwick.[2]

Na literatura científica é citado frecuentemente como C. J. Howgego.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu centro de interse como investigador é a moeda antiga como elemento que contribúe ao entendemento da historia. O seu primeiro libro versaba sobre as contramarcas da moeda provincial romana, utilizadas como elemento de datación para investigar as relacións entre as cuñaxes e os exércitos, as migracións, a inflación e a función do diñeiro.[1]

A partir de aí, ocupouse nas súas investigacións de temas como os motivos das civilizacións antigas para cuñaren moeda, a subministración e o uso do diñeiro no mundo romano, a circulación monetaria e a súa vinculación coa economía na Antiga Roma ou a relación entre a cuñaxe de moeda e a identidade nas provincias romanas do Imperio.[1][4] Howgego foi fundador e un dos directores de Roman Provincial Coinage Online e, xunto con Andrew, dirixiu tamén o proxecto Coin Hoards of the Ronman Empire ("Achados monetarios do Imperio Romano").[5][6][7] Participa, así mesmo, como editor nas series Roman Imperial Coinage e Roman Provincial Coinage.[1][2][8]

Ingresou no museo Ashmolean en 1988, inicialmente como conservador das moedas da Antiga Grecia e da Antiga Roma, e en 2005 ascendeu a responsable da sala Heberden de moedas.[9] Finalmente, en 2006 foi nomeado conservador xeral e coordinador de investigación do museo.[1][2][10]

Howgego é vicepresidente da Real Sociedade Numismática de Londres, membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e membro correspondente da Sociedade Numismática Americana.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das monografías e os artigos máis salientables de Cristopher Howgego:[3][13][14]

Monografías[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Chris Howgwgo". Ashmolean Museum.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Christopher Howgego". Wolfson College.
  3. 3,0 3,1 "Howgego, C. J.". En Worldcat.
  4. Véxanse referencias relacionadas na sección "Publicacións".
  5. "Roman Provincial Coinage online team Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Roman Provincial Coinage Online.
  6. "Roman Provincial Coinage Online". Ashmolean Museum.
  7. "Coin Hoards of the Roman Empire". Ashmolean Museum.
  8. "Heberden Coin Room: Staff Reports: Dr Christopher Howgego Arquivado 07 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Annual Report of the Visitors of the Ashmolean Museum. University of Oxford. Agosto de 2002 xullo de 2003. Páxina 37. ISBN 1-85444-194-9
  9. "The Heberden Coin Room: Staff". Ashmolean Museum.
  10. "People. Ashmolean staff". Ashmolean Museum.
  11. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  12. "Referat fra møte nr. 902 I NNF, 28. Oktober 2014,- Nordbøs minneforelesning Arquivado 07 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Norsk Numismatisk Forening. 28 de outubro de 2014.
  13. "Christopher Howgego". En Academia.
  14. "Howgego". En JSTOR.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]