Saltar ao contido

Filipo o Árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilipo o Árabe

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMarcus Iulius Philipus
Biografía
Nacementoc. 204 Editar o valor en Wikidata
Shahba Editar o valor en Wikidata
Morte249 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Verona Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
febreiro de 244 – setembro de 249
 Gordiano IIIDecio 
Senador romano
Prefecto do pretorio
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFilipo I, ou Filipo o Árabe.
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemperador romano
PeríodoImperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade244 a 249
Outro
TítuloCésar
Augusto (título) Editar o valor en Wikidata
FamiliaArabian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMárcia Otacília Severa Editar o valor en Wikidata
FillosFilipe II (imperador) Editar o valor en Wikidata
PaiJulius Marinus Editar o valor en Wikidata
IrmánsCaio Xulio Prisco Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 201256

Marco Xulio Filipo (en latín, Marcus Iulius Philipus) nado en Shahba, Siria, a uns 90 quilómetros ao sueste do actual Damasco, en Trachonitide, no 204. Pasou á historia co nome de Filipo I, ou Filipo o Árabe. Gobernou o Imperio Romano entre os anos 244 a 249.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filipo como soldado

[editar | editar a fonte]

No ano 230 casou con Marcia Otacilia Severa e tivo un fillo ao que lle deron o nome de Marcus Iulius Severus Filipus. Durante a campaña en Oriente contra os persas do emperador Gordiano III, distinguiuse en parte axudado polo seu irmán Xulio Prisco. Á morte de Temiseteo, e apoiado polo exército, foi nomeado prefecto do pretorio polo emperador. Dende aquel intre tentou poñer en dúbida a capaciade do emperador para as operacións militares que se estaban a realizar, e as tropas terminaron por asasinar a Gordiano III e nomear emperador a Marco Xulio Filipo.

Filipo como emperador

[editar | editar a fonte]
Busto de Filipo o Árabe. no anverso dunha moeda do seu tempo (antoniniano)

Enviou cartas ó Senado, comunicándolles a morte do emperador, e o seu nomeamento por parte das lexións. O Senado despois dalgunhas dúbidas, nomeouno emperador, a súa muller Marcia augusta e ao seu fillo césar. Tralo pago dun tributo, e da renuncia a Armenia e Mesopotamia, o rei de Persia Shapur I, conseguiu a paz en Oriente. Nomeou o seu irmán Xulio Prisco reitor do Oriente e deulle o nome de Philipopolis á súa cidade natal e volveu a Roma.

No 245, os carpos fixeron incursións no Danubio e Filipo levou a campaña persoalmente e conseguiu vencelos no 247. Trala vitoria, nomeou o seu fillo augustus e o seu sucesor.

Como construtor, Filipo embeleceu Roma con grandes edificios, creou o lacus do Trastevere e reparou numerosas calzadas en diversas provincias do Imperio.

Con el ´celebrouse o primeiro milenio da fundación da cidade de Roma, con grandes xogos, entre os que destacaron os do Centenario, ou Ludi Saeculares, que resultaron particularmente fastuosos pola gran cantidade de animais e gladiadores que tomaron parte neles.

Pouco despois comezaron a xurdir pretendentes ó trono en diversas provincias do Imperio. No 248, as lexións de Oriente nomearon emperador a Pupieno, pero rapidamente foron sometidos. No Danubio, as lexión de Panonia e Moesia nomearon a Claudio Marino Pacatiano.

Morte de Filipo

[editar | editar a fonte]

Filipo envíou ó Danubio a Quinto Traxano Decio, xeneral de orixe panonia e senador, en contra de Pacatiano. Pero as tropas deste, ó saber da súa chegada, mataron a Pacatiano e nomearon a Decio. Este aceptou e levou as tropas cara a Italia. Filipo saíu coas súas tropas ó encontro e, en Verona, tivo lugar a loita entre as dúas forzas, na que Filipo o Árabe morreu e o seu fillo foi capturado e asasinado. A seguir, Decio foi proclamado emperador polo Senado.

Imperio Romano

Segue a:
Gordiano III
Filipo o Árabe
Precede a:
Decio
Crise do século III