Grupo parlamentario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase Grupo parlamentario en España, a cada un dos grupos formados polos membros do parlamento obtidos no Congreso dos Deputados procedentes dos diferentes partidos políticos.

Formación[editar | editar a fonte]

As condicións para formar un Grupo Parlamentario están recollidas no regulamento do Congreso dos deputados e son as seguintes:

  • Requírense polo menos 15 deputados para formar grupo parlamentario.
  • En caso de non alcanzar devandito mínimo, unha formación política, poderá formar grupo parlamentario a partir de 5 deputados, a condición de que se posúa un 15% dos votos nas circunscricións onde se presentou ou un 5% dos votos no conxunto da nación

As formacións políticas que non cumpran estas condicións pasan a formar parte do Grupo Mixto

Financiamento[editar | editar a fonte]

Os grupos parlamentarios reciben unha subvención fixa para todos, máis un plus en función do número de deputados. Esta subvención é xestionada polo grupo.

Funcións[editar | editar a fonte]

Os grupos parlamentarios poden presentar emendas aos proxectos de lei, que son presentados polo goberno. Estas emendas poden ser á totalidade do proxecto, ou ao articulado, é dicir, a partes concretas do proxecto de lei

Grupos parlamentarios existentes na actualidade en España[editar | editar a fonte]

Os seguintes grupos parlamentarios son os que actualmente existen en España nas Cortes Xerais na legislaura IX da democracia (2008-2012):

  • Grupo Parlamentario Socialista (PSOE): 169 escanos.
  • Grupo Parlamentario Popular (PP): 154 escanos.
  • Grupo Parlamentario Catalán (CiU): 10 escanos.
  • Grupo Parlamentario Vasco (PNV): 6 escanos.
  • Grupo Parlamentario Esquerra Republicana-Esquerda Unida-Iniciativa per Catalunya Verds (ERC-EU-ICV): 5 escanos (3 de ERC e 2 EU-ICV).
  • Grupo Mixto (GMx): 7 escanos (2 de BNG, 2 de CC, 1 de NaBai, 1 de UPyD e 1 de UPN).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Regulamento do Congreso dos Deputados