Roger Bertrand Baron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoger Bertrand Baron
Biografía
Nacemento5 de maio de 1907 Editar o valor em Wikidata
11.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de agosto de 1994 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Lalizolle, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , medallista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Roger Bertrand Baron, nado en París o 5 de maio de 1907 e finado en Lalizolle, Allier, o 1 de agosto de 1994, foi un escultor, medallista e deseñador e gravador de moedas francés.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Roger Bertrand Baron foi o maior dos catro fillos de Ernestine Lugagne (1885-1957) e de Bertrand Baron (1878-1968).[2] Aínda que naceu en París, pasou a súa infancia no campo, no departamento de Nièvre, ata despois da primeira guerra mundial.[3]

Desde neno amosou xa unha dobre vocación, que cultivou coas súas lecturas: a arte e a natureza, sinaladamente os animais, unha tendencia que marcará a súa traxectoria como artista.[3] Roger Bertrand Baron comezou a súa carreira como aprendiz no obradoiro do escultor Maxime Real del Sarte (1888-1954),[1] onde practicou particularmente a escultura de animais.[3][4]

Participou na segunda guerra mundial, na que foi feito prisioneiro e logo foi membro da Resistencia, e a principios da década de 1940 instalouse no barrio parisiense de Montmartre.[3]

Logo exerceu a docencia durante case tres décadas, inicialmente de Debuxo e posteriormente de Anatomía Humana e Animal,[1] nos Cours Normaux de la Ville de París, unha preparación para o futuro profesorado de Debuxo.[3]

Baron presidiu a sección de escultura da Sociedade de Artistas Franceses,[3] foi secretario xeral da Academia Gramont, membro do consello directivo da Fundación Taylor e presidente fundador do Salon Nacional de Artistas Animalistas, de 1976 a 1913.

Entre as principais honras recibidas por Baron no seu país destacan os nomeamentos como oficial das ordes nacionais da Lexión de Honra, do Mérito, das Palmas Académicas e do Mérito Agrícola.[2][3]

Desde 1991 concédese anualmente o Premio Roger B. Baron a un artista da natureza con talento polo conxunto da súa obra.[1] Este premio está financiado polo municipio de Bry-sur-Marne no marco do Salón Nacional de Artistas Animalistas.[3][5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Roger B. Baron casou o 1 de xuño de 1935 con Rose Barlet (1893-1970) e posteriormente en segundas nupcias con Geneviève Berry, con quen tivo un fillo chamado Roger Bertrand Jean.[2]

Baron faleceu aos 87 aos o 1 de agosto de 1994 en La Ronceraie, Laizolle, Allier, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio de Ville Langy, de Nièvre.[2][3]

Obras[editar | editar a fonte]

Escultura[editar | editar a fonte]

Baron creo arredor dunha trintena de esculturas de bronce de animais dun xeito moi realista. Ademais das súas obras de animais tamén realizou bustos como os de Jean Moulin, Jean Mermoz (en Dakar e en Santiago de Chile), Alexander Fleming (en Londres) ou Georges Scapini (na súa tumba do cemiterio do Père-Lachaise, de París). Son, así mesmo salientables, as espadas de académicos de Etienne Wolff e Jean Rostand.[3]

Medallas[editar | editar a fonte]

Roger Bertrand Baron foi tamén un prolífico creador de medallas, con máis de 500 da súa autoría.[3] Moitas delas foron producidas pola Monnaie de Paris, pola casa Arthus-Bertrand ou pola ceca privada Franklin Mint de Filadelfia.[1]

Entre a súa produción medallística destacan os traballos dedicados a monumentos, como os castelos (Hautefort, Luynes, Bonaguil, Saumur, etc.) e a personaxes (Alexandra David-Néel, André Malraux, Charles de Gaulle, Xoán Paulo II, etc.). Ademais distinguiuse en particular por crear, durante trinta e cinco anos consecutivos (de 1957 a 1991) a medalla oficial do Concurso Xeral Agrícola.[3][6]

Moedas[editar | editar a fonte]

A actividade de Baron como creador de moedas está moi ligada ao Principado de Mónaco. Esta vinculación comezou en 1982 co deseño dunha moeda de 10 francos conmemorativa do falecemento da princesa Grace de Mónaco. Anos máis tarde encargouse tamén do deseño de senllas moedas de curso legal con valores de 10 francos e de 20 francos, emitidas e postas en circulación a partir de 1989.[7]

Con motivo da asunción por parte de Mónaco do euro como moeda oficial do principado, retomouse para as moedas divisionarias de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro a figura do cabaleiro con armadura que Baron deseñara para a moeda de 10 francos en 1989. Do mesmo xeito, reutilizouse o seu busto da princesa Grace da moeda de 10 francos de 1982 para o anverso dunha moeda conmemorativa de dous euros de 2007, emitida con motivo do 25 aniversario do seu falecemento.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Roger Bertrand Baron". Mark Your Coin.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Roger B. Baron". Geneanet.org
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 Baron, R.B.J. "Roger B. Baron. 1907-1994. La Sculpture et la médaille". Montmartre aux Artistes (Montmartrebear.free.fr).
  4. "La sculpture animalière contemporaine". Jean-charle-hachet.com
  5. "Prix du Jury". Salon National des Artistes Animaliers.
  6. "œuvres de Roger B. Baron". Montmartrebear.free.fr
  7. 7,0 7,1 Moedas deseñadas por Roger Bertrand Baron. Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]