Grace Kelly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grace Kelly en Mogambo.

Grace Patricia Kelly, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 12 de novembro de 1929 e finada en Mónaco o 14 de setembro de 1982, foi unha das máis importantes actrices de Hollywood da década de 1950, musa do director Alfred Hitchcock e esposa do príncipe Rainiero III de Mónaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia católica de orixe irlandesa. Aínda que a súa familia se opuxo a que fose actriz chegou a cumprir o soño que albergaba dende que era cativa. Foi a Nova York onde traballou de modelo e estudou interpretación na Academia Nacional de Arte Dramática.

En 1949 conseguiu o seu primeiro papel na zona de teatros máis prestixiosa de Nova York. Traballou na televisión, pero decidiu marchar aos Ánxeles e probar sorte no cine. En 1951, aos 22 anos realizou a súa primeira película chamada Catorce horas cun papel secundario. A súa elegancia e delicada beleza chamaron a atención en Hollywood, de maneira que nos anos seguintes ofrecéuselle un papel principal no wéstern Só ante o perigo, xunto a outra celebridade, Gary Cooper.

A súa seguinte película foi Mogambo, xunto a Clark Gable e Ava Gardner, pola cal foi candidata ao Óscar como mellor actriz de reparto. Na súa curta carreira cinematográfica, Grace foi unha das actrices preferidas de Alfred Hitchcock, con que traballou en tres películas máis; Crime perfecto con Ray Milland, A ventá indiscreta con James Stewart, e Atrapa a un ladrón, con Cary Grant. Esta última feita en Mónaco, onde a actriz coñeceu ao seu futuro esposo, o príncipe Rainiero. Tamén traballou ao lado do Sir Alec Guinness na película O cisne.

En 1954, aos 25 anos, gañou un Óscar como mellor actriz principal por A angustia de vivir, levada a cabo por Bing Crosby e William Holden. Dise deste Óscar que llelo concederon para facela máis famosa e para beneficiar ao principado. Tamén se di que llo roubou a Judy Garland porque Grace non era unha boa actriz.

A súa última película foi Alta sociedade, novamente con Bing Crosby. Despois trasladouse a Mónaco para casar co príncipe, e abandonou o cine. O casamento realizouse o 14 de maio de 1956. A partir de entón a súa vida e o seu traballo estiveron dedicados por completo á súa familia e ao principado. Tivo tres fillos con Rainiero chamados Alberte, Carolina e Estefanía.

O 13 de setembro de 1982 a princesa Grace sufriu un grave accidente cando dirixía o seu automóbil por unha estrada preto de Mónaco. Levaba a súa filla Estefanía, quen saíu sen danos e da que se creu que foi quen conducía o automóbil nese momento. Ao día seguinte a princesa morreu no Centro Hospitalario Princesa Grace, con 52 anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Fourteen Hours, 1951.
  • High Noon, 1952.
  • Mogambo, 1953.
  • Dial M for Murder, 1954.
  • A ventá indiscreta, 1954.
  • The Country Girl, 1954.
  • Green Fire, 1954.
  • The Bridges at Toko-Ri, 1954.
  • To Catch a Thief, 1955.
  • The Swan, 1956.
  • High Society, 1956.