Real Unión Club
Real Unión | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Unión Club de Irún, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Irundarras Txuribeltzak Unionistas | ||
Fundación | 1915 | ||
Estadio | Stadium Gal, Irún, España | ||
Inauguración | 1926 | ||
Capacidade | 5.000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | 2ªB – Grupo 2 | ||
2012–13 | 8º | ||
Páxina web | Páxina web | ||
| |||
O Real Unión Club de Irún é un club de fútbol da cidade de Irún en Guipúscoa (País Vasco, España). Foi fundado en 1915, aínda que as súas orixes remóntanse a 1902, e actualmente xoga na Segunda División B.
O Real Unión, fundado en 1915 da unión do Racing de Irún e o Irún Sporting, é un club histórico, cofundador da Liga española e catro veces gañador da Copa do Rei. A súa época gloriosa chegou ata principios dos anos 30 onde o profesionalismo entrou no mundo do fútbol e como consecuencia os equipos con máis diñeiro levaron aos xogadores máis importantes do Real Unión.
Uniforme[editar | editar a fonte]
- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella e negra vertical, pantalón negro e medias vermellas.[1]
Antigamente o Real Unión xogaba tamén con camiseta a raias brancas e negras e pantalón negro.
Estadio[editar | editar a fonte]
O estadio do Real Unión é o Stadium Gal, situado na cidade de Irún. Ten capacidade para 5.000 espectadores e foi inaugurado en 1926. A última remodelación é de 1997. O estadio atópase a escasos 300 metros da fronteira internacional entre España e Francia.
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro actual[editar | editar a fonte]
- Datos do 20 de xaneiro de 2010.
|
|
Datos do club[editar | editar a fonte]
- Tempadas en 1ª: 4
- Tempadas en 2ª: 10
- Tempadas en 2ªB: 20 (Incluída a 2012/13)
- Tempadas en 3ª: 40
- Mellor posto na liga: 6º (1ª tempada 29-30)
- Peor posto na liga: 10º (1ª tempada 31-32)
Palmarés[editar | editar a fonte]
Torneos nacionais[editar | editar a fonte]
- Segunda División B de España (2): 2002-03 e 2008-09
- Copa do Rei (4): 1913, 1918, 1924 e 1927
- Copa RFEF (1): 2015
Torneos rexionais[editar | editar a fonte]
- Campión de Guipúscoa (9): 1920, 1921, 1922, 1924, 1926, 1928, 1930, 1931 e 1947
- Campión do Norte (1): 1918
Torneos de afeccionados[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Equipamentos 2009/10 - realunionclub.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2009.