Raúl Albiol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaúl Albiol

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Raúl Albiol Tortajada Editar o valor em Wikidata
4 de setembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Vilamarxant, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura190 cm Editar o valor em Wikidata
Peso82 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2003-2004 Valencia Club de Fútbol Mestalla (defensa)35(2)
2004-2005cesión Getafe Club de Fútbol (defensa)17(1)
2004-2009 Valencia Club de Fútbol (defensa)131(5)
2009-2013 Real Madrid Club de Fútbol (defensa)81(1)
2013-2019 SSC Napoli 180(6)
2019- Villarreal Club de Fútbol Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2003-2005   selección de fútbol sub-20 de España 4(0)
2004-2004   Selección de fútbol sub-19 de España 7(0)
2005-2006   Selección de fútbol sub-21 de España 7(0)
2007-   España (defensa) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMiguel Albiol (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJosé Luis Albiol Balaguer (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: R_Albiol Instagram: raulalbiol33 FIFA: 216820 UEFA: 69168 Editar o valor em Wikidata

Raúl Albiol Tortajada, nado en Vilamarxant (Valencia) o 4 de setembro de 1985, é un futbolista español. Xoga de defensa central, aínda que tamén pode facelo de centrocampista defensivo e lateral dereito, e o seu club actual é o SSC Napoli.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

O seu tío é José Luis Albiol Balaguer que tamén foi futbolista profesional. Do mesmo xeito que o seu irmán Miguel Albiol que é futbolista do Real Murcia, formouse nas categorías inferiores do Ribarroja CF[2], ata que foi fichado polo Valencia CF para a súa canteira de fútbol base. Debutou co primeiro equipo o 24 de setembro de 2003 con dezaoito anos acabados de cumprir nunha eliminatoria da Copa da UEFA ante o AIK Solna, tempada na que o Valencia CF resultou campión do torneo. Porén seguiu formando parte do persoal do CD Mestalla, filial do Valencia CF.

Getafe CF[editar | editar a fonte]

Para adquirir experiencia en Primeira División foi cedido ao Getafe CF na tempada 2004-2005. O 2 de agosto do 2004,[3] durante a viaxe a Xetafe sufriu un accidente de circulación polo que tivo que ser intervido tras lle diagnosticar politraumatismos dorsal e lumbar, e un derramo interno que obrigou á extirpación do bazo,[4] ademais estivo durante un tempo en coma. Porén, a cesión asinouse e aínda que se chegou a temer pola súa carreira profesional debutou na liga catro meses despois do accidente.

Isto foi debido a que o seu adestrador, Quique Sánchez Flores, sempre confiou nel e, cando fichou polo Valencia CF, esixiu o retorno de Albiol ao seu club de orixe.

Valencia[editar | editar a fonte]

Os inicios de Albiol no Valencia CF foron duros xa que a súa posición natural no equipo che ocupábana dous xogadores da calidade de Albelda e Baraja polo que o técnico o aliñou como lateral dereito. Aínda que cumpría correctamente a súa misión notábaselle estraño na súa nova posición ata que Quique Flores o recolocou como central, posto do que non se moveu desde entón.

O 25 de abril de 2006 anunciaba a súa renovación co Valencia CF ata o 2011. O Real Madrid estivo moi interesado en facerse cos seus servizos, pero o xogador preferiu renovar polo Valencia CF a pesar de que a oferta merengue era moi superior.[5] Posuía unha cláusula de rescisión de 60 millóns de euros. Na tempada 2006-2007, ata os cuartos de final da Liga de Campións, disputou todos os minutos cunha actuación impresionante nos oitavos de final contra o Inter de Milán, onde o Valencia CF pasou de rolda.

Terminou a tempada 2006-07 sendo titular indiscutible e sendo o xogador que máis minutos tivo entre as competicións da Liga, a Copa do Rei e a Liga de Campións nas demarcacións de central e mediocentro defensivo.

Real Madrid[editar | editar a fonte]

En xuño de 2009 fichouno o Real Madrid pola cifra de 15 millóns de euros, como parte do proxecto do novo presidente Florentino Pérez, que regresou á presidencia do Real Madrid o 1 de xuño de 2009.

O xoves 2 de xullo reallizouse a súa presentación no Estadio Santiago Bernabéu ás 21.00 horas ante unhas 9.000 persoas. Raúl recibía a camiseta co dorsal 18, número que levou Rubén de la Red, declarando Raúl que se aquel volvese outra vez ao equipo, devolveríalle o dorsal.

O primeiro gol coa camiseta do Real Madrid anotouno nun encontro de Liga de Campións fronte ao Olympique de Marsella o 8 de decembro de 2009 adiantando ao conxunto branco 1-2. O partido finalizaría 1-3 a favor do conxunto merengue. [6]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Tras ser internacional sub-21, o 5 de outubro de 2007 é chamado por primeira vez para unha convocatoria coa selección española para disputar un partido da fase de clasificación da Eurocopa 2008.[7] Debuta o 13 de outubro de 2007 no partido contra Dinamarca en Aarhus (Dinamarca), con resultado 1-3 a favor dos españois.

O 14 de xuño de 2008 debuta nunha fase final da Eurocopa ao substituír a Carles Puyol no partido que España gañou a Suecia por un resultado de 2-1. Posteriormente xogaría de titular no último encontro da fase de grupos ante Grecia, partido que concluiría con vitoria española por 2 a 1.

O 29 de xuño de 2008 no Estadio Ernst Happel de Viena, Albiol proclamaríase xunto aos seus compañeiros de selección campión da Eurocopa 2008.

En 2010, o 11 de xullo, proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Participacións en Eurocopas[editar | editar a fonte]

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa 2008 Austria e Suíza Campión

Participacións en Copas das Confederacións[editar | editar a fonte]

Copa Sede Resultado
Copa FIFA Confederacións 2009 Suráfrica Terceiro

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Copa Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 2010 Suráfrica Campión

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Tempadas
Valencia B España 2003-2004
Getafe CF España 2004-2005
Valencia CF España 2005-2009
Real Madrid CF España 2009-2013
SSC Napoli Italia 2013-

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de España Valencia CF España 2004
Copa do Rei Valencia CF España 2008
Copa do Rei Real Madrid España 2011
Liga de España Real Madrid España 2012
Supercopa de España Real Madrid España 2012
Copa Italia SSC Napoli Italia 2014

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Eurocopa Sub-19 Selección sub-19 España 2004
Copa da UEFA Valencia CF España 2004
Eurocopa Selección nacional España 2008
Copa Mundial de Fútbol Selección nacional España 2010

(*) Incluíndo a Selección

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  2. ribarrojacf.com. "Historia do Ribarroja Club de Fútbol". [Ligazón morta]
  3. Diario Marca (24-6-2009). "Da traxedia a campión de Europa" (en español). Marca.com. Consultado o 24-6-2009. 
  4. Diario AS (24-6-2009). "Sangre nova e española para a zaga do Real Madrid" (en español). As.com. Consultado o 24-6-2009. 
  5. "El Periódico de Aragón - Os soldos de luxo dos sub-21 (08 de xullo de 2006)". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2007. Consultado o 03 de xuño de 2010. 
  6. "Real Madrid. O primeiro gol de Albiol co Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2010. Consultado o 03 de xuño de 2010. 
  7. "Albiol cumple su sueño y debutará con la selección". abc (en castelán). 2007-10-06. Consultado o 2021-03-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]