Saltar ao contido

Sadomasoquismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sadomasoquismo
Imaxe
(década de 1950)
 Subclase de
 Parte de
 Composto por
 Epónimo
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/01d8hp Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776472330 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 181489
Wikidata C:Commons

Sadomasoquismo é un acrónimo dos termos sadismo e masoquismo.

O sadismo é a obtención de pracer ao realizar actos de crueldade ou dominio. Este desfrute pode ser de natureza sexual e consensuada, en cuxo caso se considera unha das parafilias que se engloban baixo o acrónimo BDSM. No caso contrario, pode ser indicativo de trastorno mental ou o resultado de emocións humanas coma a xenreira, a vinganza e mesmo certas concepcións da xustiza. Estamos, pois, ante unha polisemia con matices de significado netamente diferenciados.

O termo sadismo deriva do Marqués de Sade, escritor e filósofo francés autor de numerosas obras onde o sadismo sexual ocupa un papel de grande importancia.

O seu antónimo e complemento potencial é o masoquismo. O masoquismo é a obtención de pracer ao ser vítima de actos de crueldade ou dominio. Este desfrute tamén pode ser sexual ou non sexual. A característica fundamental do masoquismo que o distingue doutros tipos de submisión é a algolagnia, isto é, a satisfacción obtida sufrindo dor física en distintos graos.

Demostración de azotamento na Folsom Street Fair, San Francisco, en 2004.