José Garabal Louzao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Garabal Louzao
Nacemento1835
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento18 de xuño de 1907
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor, decorador e restaurador
Detalle de "Escena de Romería" (de José Garabal Louzao), con firma y fecha.jpg
editar datos en Wikidata ]

José María Garabal Louzao, nado en Santiago de Compostela en 1835 e finado ibídem o 18 de xuño de 1907, foi un pintor, decorador, copista e restaurador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse con Juan José Cancela del Río. Os pais enviárono a Madrid, onde tivo por mestre a Federico Madrazo na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. De volta a Santiago opositou á praza de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País, sen éxito, pois gañoulla Modesto Brocos. Practicou unha pintura romántica e costumista en retratos, paisaxes e pintura relixiosa. Con motivo de senllas visitas reais a Compostela, en 1859 regaloulle unha acuarela do Pórtico da Gloria a Isabel II e en 1887 dúas obras de tipos galegos a Afonso XII. Foi nomeado pintor e decorador da Casa Real.

Destaca o seu traballo na decoración do patio do arcebispo Malvar en San Martiño de Salcedo, a restauración do altar maior da Catedral de Santiago de Compostela e a restauración e decoración do Recreo Artístico e dos cafés "Suízo" e "España" de Santiago de Compostela. Restaurou parte dos cadros do palacio arcebispal a petición do cardeal Herrera.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

"Numancia" (versión, a escala reducida, da obra homónima de Alejo Vera, do ano 1881), 1890. Colección particular. 
Escena de Romería, 1892. Colección particular. 
Mártir misioneiro ou mártir paúl, 1898. Colección do Concello de Santiago de Compostela. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]