Bernardino Temes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bernardino Temes
Nacemento1876
 Ourense
Falecemento1960
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]
Bernardino Temes retratado polo seu amigo Ramón Parada Justel.

Bernardino Temes Fernández, nado en Ourense en 1876 e falecido na mesma cidade en 1960, foi un doutor galego, especializado en pediatría.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A familia Temes era unha importante familia ourensá de médicos e farmacéuticos. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1898. Posteriormente comeza a traballar no Hospital Médico Provincial de Ourense e participa nas primeiras iniciativas de atención médica gratuíta da cidade de Ourense, responsabilizándose da atención pediátrica. Foi presidente do Colexio de Médicos entre 1929 e 1930. En 1934 substitúe a Manuel Peña Rey como director dos organismos de Beneficiencia, e en 1936, logo das eleccións onde venceu a Fronte Popular, é substituído por Peña Rey.

A súa figura é lembrada co nome dunha rúa no norte da cidade de Ourense.