Irm Hermann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIrm Hermann

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Irmgard Hermann Editar o valor em Wikidata
4 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Múnic, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 2020 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Doenza Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de teatro , intérprete , actriz de cinema , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0379258 Allocine: 821 Rottentomatoes: celebrity/irm_herrmann Allmovie: p31944
Discogs: 2081773 Editar o valor em Wikidata

Irmgard "Irm" Hermann-Roberg, nada en Múnic o 4 de outubro de 1942 e finada en Berlín o 26 de maio de 2020, foi unha actriz alemá. Fíxose coñecida a mediados da década de 1960 polas súas colaboracións con Rainer Werner Fassbinder.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na capital bávara, filla de Karl Hermann e Maria Huber. Despois de asistir á escola primaria, formouse como secretaria e logo traballou na revista Quick, no Club do Automóbil[1] e de Ivar Lissner, o marido da actriz Ruth Niehaus, en Suíza e nesa época coñeceu a Rainer Werner Fassbinder nunha competición de teatro na Junge Akademie München en 1966 e entrou no seu círculo máis estreito de amizades.

Malia non ter formación como actriz, Fassbinder fixo que aparecese nese ano na súa curtametraxe Der Stadtstreicher. Con ela e Hanna Schygulla, entre outros, fundou o Antiteater, que funcionou entre 1968 e 1969 e no que asumiu numerosos papeis. Despois, participou en máis de 20 producións cinematográficas de Fassbinder ata 1975, incluíndo Katzelmacher e Angst essen Seele auf. Converteuse, sobre todo en papeis secundarios, no prototipo de Fassbinder para papeis nos que representaba unha muller pequena burguesa conformista e reprimida sexualmente[2]. Tamén encarnou a este tipo no seu único papel protagonista nunha película de Fassbinder como Irmgard Epp en Händler der vier Jahreszeiten. No documental de Rosa von Praunheim Für mich gab’s nur noch Fassbinderr (2000) fala da súa relación ambivalente co seu descubridor.

En 1975 deixou a súa relación con Fassbinder e aveciñouse en Berlín. Alí traballou con directores como Percy Adlon, Werner Herzog e Hans W. Geißendörfer. De 1979 a 1980 e de novo de 1987 a 1991 actuou no teatro Freie Volksbühne de Berlín.

Ademais da súa obra escénica, Hermann tamén participou en diversas producións de cine e televisión, como no papel Miss Engelhart na adaptación da obra de Thomas Mann Der Zauberberg (1982) de Geißendörfer e na de Tankred Dorsts Eisenhans (1983) como unha valente traballadora social. Polo seu papel como compañeira de prisión Else Gebel na película Fünf letzte Tage de Percy Adlon sobre a loitadora da resistencia Sophie Scholl. No drama Marie Ward – Zwischen Galgen und Glorie (1985), sobre a vida da monxa Maria Ward, actuou xunto a Hannelore Elsner como Winn Wigmore. Con Schlingensief participou na película de terror satírica Das deutsche Kettensägenmassaker (1990).

Tamén interpretou papeis cómicos, como filme de Loriot Pappa ante portas (1991), onde deu vida á tía Hedwig con Hans Peter Korff como o seu home. En 1996 no filme de Hape Kerkeling Willi und die Windzors asumiu o papel da raíña Isabel II. De 1995 a 1996 interpretou unha xefa dunha unidade especial da policía en varios episodios da serie da ZDF Ein starkes Team. Con Dieter Wedel gravou a miniserie de seis episodios Die Affäre Semmeling (2002) nun papel secundario como oficial de finanzas. Entre 2008 e 2011 na serie da ARD Die Stein encarnou unha secretaria escolar . No telefilme Schokolade für den Chef era a irmá de Ernst Schmitt (Götz George). Polo seu papel de viúva no filme de Max FärberböckAnonyma – Eine Frau in Berlin (2008) gañou o Deutschen Filmpreis de 2009 na categoría de mellor actriz secundaria. Polo seu papel de avoa no filme de éxito Fack ju Göhte 3 (2017) fíxose de novo popular entre as novas xeracións[3].

Entre 1986 e 2016 actuou en varios episodios da serie da ARD Tatort e participou en varias series máis como Liebling Kreuzberg, Unser Lehrer Doktor Specht, Wolffs Revier, Adelheid und ihre Mörder, Für alle Fälle Stefanie, Einmal Bulle, immer Bulle, Doctor’s Diary ou Labaule & Erben.

Como actriz de voz salientou o seu traballo na peza de teatro radiofónico Enigma Emmy Göring de Werner Fritsch que levou o premio á mellor peza teatral para a radio de 2006. En 2009 levou o premio do audiolibro alemán polo seu traballo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zum Tod Von Irm Hermann: Virtuosin der Hassliebe". Frankfurter Allgemeine. 28 de maio de 2020. 
  2. Robert C. Reimer e Carol J. Reimer. The A to Z of German Cinema. Scarecrow. p. 147. 
  3. "Irm Hermann, star of 20 Fassbinder films, dies aged 77". The Guardian. 28 de maio de 2020.