Saltar ao contido

Radovan Karadžić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRadovan Karadžić

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Petnjica (República Democrática Federal de Iugoslavia) Editar o valor en Wikidata
Presidência da República Sérvia (pt) Traducir
7 de abril de 1992 – 19 de xullo de 1996
← sen valor – Biljana Plavšić → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo serbio Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Saraxevo
Columbia University Vagelos College of Physicians and Surgeons (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, poeta, psiquiatra Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSerbian Democratic Party (en) Traducir
Liga de Comunistas de Iugoslavia Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra de Bosnia Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeLjiljana Zelen Karadžić Editar o valor en Wikidata
FillosSonja Karadžić-Jovičević Editar o valor en Wikidata
Condenado porcrime de lesa humanidade (2016)
crime de guerra (2016)
xenocidio (2016) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
31 de xullo de 2008-24 de marzo de 2016Trial of Radovan Karadžić (en) Traducir
21 de xullo de 2008Arresto (Belgrado)
11 de xullo de 1995-22 de xullo de 1995Masacre de Srebrenica Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0438734 BNE: XX1530462 Editar o valor en Wikidata

Radovan Karadžić (serbio cirílico: Радован Караџић), nado en Penjica (Montenegro) o 19 de xuño de 1945, é un expolítico serbio, poeta, psiquiatra, acusado como criminal de guerra e xenocida polo Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia da Haia. Na actualidade existe unha petición de arresto internacional contra Karadžić seguindo a directiva 61 do TPIY - ICTY que conclúe que hai razoables motivos para crer na acusación dos crimes de guerra cometidos incluíndo entre eles o de xenocidio. O goberno dos Estados Unidos ofrece unha recompensa de $ 5 millóns para o arresto de Karadžić e de Ratko Mladić. Segundo anunciou a Presidencia Serbia a noite do luns 21 de xullo de 2008, Karadžić foi arrestado en Serbia polos servizos de seguridade do país.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vida temperá

[editar | editar a fonte]

Karadžić naceu en Petnjica preto de Šavnik, vila daquela pertencente a Iugoslavia. O seu pai, Vuko, zapateiro de profesión, foi membro dos Chetniks, os restos do exército do Reino de Iugoslavia. O seu pai ingresou no cárcere cando Karadžić era aínda un cativo. Radovan Karadžić trasladouse a Saraxevo, Bosnia e Hercegovina en 1960 para continuar os seus estudos en psiquiatría e traballar no Hospital de Koševo. Nesta época fixo algo de poesía e nótanse as influencias do escritor serbio Dobrica Cosic, foi el quen lle animou a dedicarse á política.

Vida política

[editar | editar a fonte]

En 1989 foi cofundador do Partido Democrático de Serbia (Srpska Demokratska Stranka) en Bosnia e Hercegovina e dende el animou a colleitar serbios dos países circundantes para a República Serbia, sendo o seu obxectivo formar o que se denominaba a Gran Serbia. Unha unión de países formouse en 24 de outubro de 1991, co obxectivo de representar aos Serbios en Bosnia e Hercegovina. O partido político serbio que gobernaba en Bosnia e Hercegovina, liderado por Radovan Karadžic, organizou a creación das "Provincias Autónomas de Serbia" (SAOs) en Bosnia e estableceu unha asemblea para a súa representación. En novembro de 1991, os Serbios de Bosnia tiveron un referendo cuxo resultado ofrecía unha maioría absoluta en favor de permanecer nun estado en común con Serbia e Montenegro. O 9 de xaneiro de 1992 a asemblea serbia proclamou a República de Bosnia e Hercegovina Република српског народа Босне и Херцеговина / Republika srpskog naroda Bosne i Hercegovine). O 28 de febreiro de 1992, foi adoptada a constitución da República de Bosnia e Hercegovina na que declaraba que os territorios autónomos serbios, as municipalidades e as entidades étnicas serbias en Bosnia e Hercegovina eran baixo esta constitución parte do estado federal de Iugoslavia.

O 29 de febreiro e o 1 de marzo de 1992 celebrouse un referendo sobre a independencia de Bosnia e Hercegovina da Iugoslavia. Os serbios boicotearon o referendo mentres que os bosníacos e os croatas, que representaban un 64% do total do voto, o resultado final foi dun 98% en favor da independencia. O 6 de abril de 1992, Bosnia foi recoñecida polas Nacións Unidas como un estado independente. Karadžic comezou deste xeito a ser o primeiro presidente dos bosníacos na administración serbia de Pale aproximadamente o 13 de maio de 1992 tralo colapso de Iugoslavia. Á vez que asumía este novo cargo, adquiría tal e como describe a constitución da administración Serbo Bosnia o mando do exército en tempos de guerra e paz, tendo a capacidade de promover ou degradar calquera oficial do exército.

Con todo continuando coa idea dunha Gran Serbia, Karadžic non tivo dúbida de atopar apoios dentro daqueles países seguidores maioritariamente da fe Ortodoxa tales como Rusia e Grecia. En febreiro de 1994, por exemplo, contactou en segredo co goberno grego coa idea de crear unha Confederación Greco-Serbia fundamentada na coñecida amizade serbiogriega, unha idea que Miloševic xa propuxera en 1992. É acusado de ordenar a limpeza étnica de bosníacos e croatas.

  • "Os serbios só teñen dous amigos: Deus, e os gregos" -Radovan Karadžic, durante un concerto en apoio dos serbios celebrado en Atenas, Grecia (1995).
  • "Os de Saraxevo non contarán os seus mortos. Contarán os vivos" -Radovan Karadžic nunha entrevista sobre o cerco de Saraxevo, 1993
  1. "O criminal de guerra Radovan Karadzic, arrestado en Serbia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]