Arresto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arresto dun tipo en Chicago

O arresto é unha medida de privación da liberdade considerada nas leis, que posúe diversos obxectivos: como medida preventiva persoal dentro dun proceso penal, como medida de apuro para o cumprimento de certos actos, ou como sanción punitiva.

O arresto propiamente dito é a acción da policía ou dalgunha persoa que actúa baixo orde da lei ou do Estado, para tomar unha persoa baixo custodia, de forma que estean en disposición de contestar á acusación dun delito. En moitos sistemas legais, o arresto require a información ás persoas de que se atopan baixo arresto.