Rublo transcaucásico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rublo transcaucásico †
рубль en ruso
ռուբլի en armenio
منات en azarí
მანეთი en xeorxiano
Trans-1billon-rev.jpg
Ámbito:Flag of the Transcaucasian Federation.svg República Democrática Federal Transcaucásica
Flag of the Transcaucasian SFSR.svg República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica
Fracción:non tiña
Moedas:non se acuñaron
Billetes:1, 3, 5, 10, 50, 100 e 250 rublos (1ª versión)
de 1000 a 1 billón de rublos (2ª versión)
Emisor:
Circulou entre 1918-1919 e 1923-1924

O rublo transcaucásico (en ruso: рубль, armenio: ռուբլի), manat (en azarí: منات) o maneti (en xeorxiano: მანეთი) foi unha moeda de curso legal que circulou nos tres estados do Cáucaso que se uniron na República Democrática Federal Transcaucásica e posteriormente na República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiro rublo, 1918-1919[editar | editar a fonte]

En 1918, o Comisariado da República Democrática Federal Transcaucásica emitiu papel moeda con denominación en rublos para substituír ao rublo ruso cando a rexión transcaucásica se separou do Imperio Ruso logo da Primeira Guerra Mundial. Este rublo estaba fixado ao rublo ruso cunha taxa de troco equivalente.

Entre 1919 e 1923, Armenia, Xeorxia e Acerbaixán emitiron a súa propia moeda: o rublo armenio, o manat azarí e o maneti xeorxiano respectívamente, que substituíron ao rublo transcaucásico cunha taxa de troco de 1:1.

Segundo rublo, 1923-1924[editar | editar a fonte]

A segunda versión foi introducida en 1923 como moeda da República Federal Socialista Soviética Transcaucásica constituída trala conquista das tres repúblicas por parte do Exército Vermello. Un ano máis tarde esta moeda foi substituída polo rublo soviético.

Dende 1924, o rublo soviético circulou como moeda oficial de Transcaucasia, e posteriormente nas Repúblicas Socialistas Soviéticas de Armenia, Xeorxia e Acerbaixán.

Billetes[editar | editar a fonte]

Na primeira versión desta moeda se emitiran billetes con denominacións de 1, 3, 5, 10, 50, 100 e 250 rublos. Entre 1923 e 1924, a República Federal Socialista Soviética Transcaucásica (parte da URSS) emitiu billetes que oscilaban dende os 1.000 rublos ao billón de rublos. Nas dúas edicións, os billetes tiñan no anverso inscricións en ruso, e no reverso en cada unha das linguas das tres repúblicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]