RMS Republic (1903)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RMS Republic

O RMS Republic
Historial Reino Unido
Estaleiro Harland and Wolff, Belfast, Reino Unido Reino Unido
Tipo Transatlántico
Operador White Star Line
Botado 26 de febreiro de 1903 (como SS Colombus)
Baixa 1909
Destino Afundido ás 8:40 pm do 24 de xuño de 1909 tras colidir co SS Florida ás 5:40 am da mañá anterior. Permaneceu a frote durante 39 horas trala colisión.
Características xerais
Desprazamento 15 400 t
Eslora 173,7 m
Manga 20,7 m
Calado 10,39 m
Propulsión Dous motores de dobre expansión e dúas hélices de tripla pa.
Potencia 550 CV
Velocidade 16 nós
Tripulación 300
Capacidade 2830 persoas

O RMS Republic foi un transatlántico de vapor construído en 1903 polos estaleiros Harland and Wolff en Belfast, que afundiu tras unha colisión seis anos máis tarde, en 1909, mentres estaba en servizo para a White Star Line. Unha chamada de socorro foi emitida durante o afundimento do barco utilizando o novo dispositivo de radio Marconi, que foi o primeiro rexistro.

Historia[editar | editar a fonte]

Construción e carreira[editar | editar a fonte]

O Republic foi construído en Belfast, Irlanda do Norte, para a Dominion Line (unha empresa irmá da White Star Line, ambas pertencentes á International Mercantil Marine Co.) e foi entón nomeado Columbus. Despois de dúas viaxes para a Dominion Line, o barco foi vendido á White Star Line, e renomeado Republic. A súa primeira viaxe baixo este nome tivo lugar o entre Liverpool e Nova York. Pouco despois, foi trasladado a ruta entre os Estados Unidos e o Mediterráneo.

Naufraxio[editar | editar a fonte]

O afundimento do Republic

No inicio da mañá do , mentres navegan entre Nova York e Xibraltar, o Republic entrou nun banco de espesa néboa fóra da illa de Nantucket. Reduciu a súa velocidade e marcou a súa presenza cun asubío. De entre a néboa xurdiu o SS Florida que colidiu co Republic no medio, formando un ángulo recto. A sala de máquinas e caldeiras do RMS Republic comezaron a inundarse de inmediato e o barco a afundir. O capitán Sealby ordenou a tripulación subir á ponte para a evacuación.

O buque estaba equipado co novo sistema de telégrafo sen fíos Marconi, e foi o primeiro barco da historia en emitir un sinal de socorro CQD enviado por Jack R. Binns[1]. A garda costeira dos Estados Unidos respondeu á petición de socorro. Tras isto, os pasaxeiros foron divididos entre os dous buques, o SS Florida, levou a bordo a maioría deles. O RMS Baltic (1904), comandado polo capitán J. B. Ranson, tamén respondeu á chamada CQD, pero por mor da néboa, non puido atopar ao Republic na escuridade da noite. Unha vez que logrou achegarse, os pasaxeiros de ambos transatlánticos foron trasladados ao Baltic

Cando todos os pasaxeiros estaban xa a bordo do Baltic, este volveu a Nova York. A pesar dun intento de remolque polo Nova York e o Campania, o Republic afundiuse. Todos os membros da tripulación restantes foron rescatados antes de que o barco afundise. Houbo cinco vítimas: dous a bordo do Republic, e tres no Florida, todo por mor da colisión[2].

O tesouro do Republic[editar | editar a fonte]

Hai unha serie de rumores dicindo que o Republic levaba un cargamento de ouro e outros obxectos de valor cando se afundiu. Segundo estes rumores o valor do cargamento equivalía a entre 250 000 e 265 000 dólares da época.[3] Hoxe, o valor deste tesouro podería ter un valor de centos de millóns de dólares e algúns expertos estiman que a recuperación (coa mercadotecnia necesaria para tratar con pezas recuperadas) podería traer case $ 5 millóns, ou máis, facendo o RMS Republic o naufraxio con máis valor no mundo.

O naufraxio do Republic foi atopado polo capitán Martin Bayerle en 1981. Está situado na vertical para preto de 50 millas (80 km) ao sur da illa de Nantucket[4],[5] preto de 82 m baixo a auga. Dous intentos de recuperación tiveron lugar na década de 1980 para tentar recuperar o ouro, pero en balde. Con todo, o buque contén moitos outros tesouros. Ata a data, con todo, ningunha parte do tesouro foi atopado. En 2005, un tribunal de xustiza estadounidense deu ó capitán Bayerle exclusiva de dereitos para a explotación do naufraxio[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en inglés) The American Experience, Rescue at Sea, transcription
  2. (en inglés) Le Republic Arquivado 15 de xuño de 2006 en Wayback Machine. sur Ship Wrecks of New England
  3. "Recuperato un tesorosul fondo dell'Oceano" (en italiano). Consultado o 11 de xuño de 2016. 
  4. Nigel Pickford, Lost Treasure Ships of the Twentieth Century, National Geographic Society, 1999 ISBN 0-7922-7472-5
  5. (en inglés) Le site officiel du Republic
  6. (en inglés) Le site officiel du Republic : aspects légaux

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]