RMS Majestic (1890)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SS Majestic (1890)»)
RMS Majestic
Historial
Estaleiro Harland and Wolff, Belfast, Reino Unido Reino Unido
Clase Teutonic
Tipo Transatlántico
Operador White Star Line
Porto de rexistro Liverpool
Botado 29 de xuño de 1890
Viaxe inaugural 2 de abril de 1890
Baixa 5 de maio de 1914 (despedazamento)
Características xerais
Desprazamento 9 965 toneladas
Eslora 177,8 m
Manga 17,6 m
Velocidade Máxima: 20 nós
Capacidade 1490 pasaxeiros

O RMS Majestic foi un transatlántico construído en 1890 e operado pola White Star Line. Xunto coa súa nave irmá, o RMS Teutonic, foi un dos últimos barcos da White Star Line en recibir o Reberete Azul, o premio á travesía máis rápida do Atlántico Norte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Feito nos estaleiros de Harland and Wolff en Belfast, o Majestic comezouse a construír en 1889. O barco pasou os seguintes nove meses en dique seco antes de ser entregado á White Star Line en marzo de 1890. A White Star Line solicitara fondos para a súa construción e a do seu xemelgo o RMS Teutonic ó goberno británico, proposta que foi aceptada coa condición de que a Royal Navy dispuxera dos dous barcos en tempos de guerra.

O 2 de abril de 1890, o Majestic partiu na súa primeira viaxe entre Liverpool e Nova York. Esta primeira viaxe, realizada en seis días e dez horas, foi o motivo polo cal recibiu o Reberete Azul á nave máis rápida en cruzar o Atlántico. Mérito que mantivo só dúas semanas, cando o seu irmán retiroullo.

En 1895, un novo capitán é asignado ao Majestic. Este é Edward John Smith, quen máis tarde fora capitán do RMS Titanic.

O Majestic retirouse en 1911 quedando na Reserva Birkenhead Bidston. Cando o Titanic afundiu o 15 de abril de 1912, o Majestic volveu a entrar en servizo para cubrir o baleiro.

En 1914 foi vendido por 26.700 libras á empresa Thomas Ward de Morecambe para ser despezado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]