Red Jacket (1853)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Red Jacket
Historial

Estaleiro George Thomas, Rockland, Estados Unidos
Operador Seccomb & Taylor, Boston
White Star Line (1929-1934)
Wilson & Chambers, Liverpool, 1868
Blandy Brothers, Islas Madeira, Portugal (1883)
Botado 2 de novembro de 1853[1]
Baixa 1885
Características xerais
Desprazamento 2305 toneladas

O Red Jacket foi un dos máis veloces e máis grandes veleiros xamais construídos. Foi o primeiro barco da White Star Line. Foi nomeado en honor a Sagoyewatha, un famoso xefe indio da tribo dos Seneca, chamado "Red Jacket" (Chaqueta Vermella) polos colonos.

O Red Jacket foi deseñado por Samuel Hartt Pook e construído polos estaleiros de George Thomas en Rockland, Estados Unidos en 1853, sendo o último barco en ser botado desde este estaleiro.[2]

Na súa primeira viaxe, o Red Jacket bateu o récord de velocidade na ruta transatlántica, viaxando desde Nova York ata Liverpool en 13 días.

Destino do barco[editar | editar a fonte]

En 1872, o Red Jacket comezou a transportar taboleiros de madeira para a construción desde Quebec ata Londres, uníndose así a outros buques como o Marco Polo e o Donald McKay, que terminaron os seus días no transporte desta mercancía.[3] Colidiu co Eliza Walker en 1878, que afundiu; a súa tripulación foi rescatada.[1] En 1883, o Red Jacket foi vendido a Blandy Brothers, unha compañía de transportes de Portugal no arquipélago de Madeira como transporte para carbón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bruzelius, Lars (2001-02-23). "Sailing Ships: Red Jacket (1853)". Red Jacket. The Maritime History Virtual Archives. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  2. "Ship Red Jacket". Penobscot Bay History Online. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2016. 
  3. Clark, A H (1912). "Fate of the Clipper Ships". The clipper ship era; An epitome of famous American and British clipper ships, their owners, builders, commanders and crews, 1843–1869. New York: G.P. Putnam's Sons. p. 346.