RMS Britannic (1929)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
RMS Britannic
RMS Britannic (1929).jpg
Historial Government Ensign of the United Kingdom.svg
Estaleiro Harland and Wolff, Belfast Reino Unido Reino Unido
Tipo Transatlántico
Operador WhiteStarLogo.svg White Star Line (1929-1934)
Cunard White Star (1934-1950)
Cunard Line (1950-1960)
Botado 6 de agosto de 1929
Viaxe inaugural 28 de xuño de 1930
Baixa 1960
Características xerais
Desprazamento 26,943 toneladas
Eslora 217 metros
Manga 25 metros
Velocidade 18 nós
Capacidade 1553 persoas

O RMS Britannic (Royal Mail Ship Britannic) foi o terceiro transatlántico da White Star Line en levar dito nome. Foi construído nos estaleiros de Harland and Wolff na cidade norteirlandesa de Belfast. Botouse o 6 de agosto de 1929 e era case idéntico ó RMS Georgic. Contaba cun motor diésel e desprazaba unhas 26,943 toneladas. No momento en que foi botado, era o barco británico de motor máis grande xamais construído.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiras viaxes[editar | editar a fonte]

O Britannic realizou a súa primeira viaxe na ruta Liverpool-Belfast-Glasgow-Nova York, o 28 de xuño de 1930. Polo xeral pasou os veráns na ruta do Atlántico Norte, mentres que nos veráns adicabase a ruta no Caribe. Estivo realizando este servizo ata que a White Star Line pasou a formar parte da Cunard White Star en 1934. No ano 1935, pasou a ruta Londres-Nova York na que estivo ata o comezo da Segunda Guerra Mundial.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra, o Britannic adicouse ao transporte de tropas, transportando uns 180,000 soldados durante toda a contenda. No ano 1948 volveu a ruta Londres-Nova York.

Servizo durante a posguerra[editar | editar a fonte]

En 1950, a Cunard White Star pasou a ser coñecida como Cunard Line, deixando ó Britannic e o RMS Georgic como os únicos barcos en servizo da antiga White Star Line. Ambos os dous seguiron realizando as súas viaxes baixo a bandeira da desaparecida empresa durante o resto do seu servizo.

En xuño de 1950, o Britannic colidou co buque dos Estados Unidos, Pioneer Land.

A última viaxe[editar | editar a fonte]

As últimas viaxes do Britannic realizaronse na ruta Liverpool-Nova York, sendo o último transatlántico con bandeira da White Star Line en realizala[1] en novembro de 1960. A derradeira saída de Nova York realizouna o 25 de novembro de 1960, e arribou a Liverpool o 2 de decembro. A última saída dun barco da White Star Line desde Liverpool foi realizada polo Britannic o 16 de decembro de 1960. Ese mesmo ano, o Britannic foi retirado do servizo debido a fallos nos motores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "RMS Britannic on White Star Line Archives 1931". Chriscunard.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 2009-07-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]