SS Celtic (1872)
| SS Celtic | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||
| Produción | |||||||||
|
Fabricante
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Velocidade máxima
| |||||||||
|
Tipo de embarcación
| |||||||||
|
Número do casco
| |||||||||
| Dimensión | |||||||||
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Acontecementos
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O SS Celtic foi un transatlántico construído para a White Star Line polos estaleiros Harland and Wolff no ano 1872. No ano 1893 foi vendido á empresa dinamarquesa Thingvalla Line e cambiouselle o nome polo de SS Amerika.
Historia
[editar | editar a fonte]O Celtic foi o primeiro dos barcos da White Star Line en levar dito nome. Foi o segundo dos dous barcos da clase Oceanic, despois do SS Adriatic. Nun prinicipio supoñíase que o barco íase chamar Arctic pero debido a que a American Collins Line tivera un barco con ese nome que afundira en 1854, a White Star Line decidiu poñerlle de nome Celtic.
No ano 1880, o oficial Edward Smith, quen máis tarde sería o capitán máis célebre da compañía e único capitán do RMS Titanic, uniuse a tripulación do Celtic como cuarto oficial.
O 19 de maio de 1887, arredor das 5.25 da tarde, o Celtic colisionou co SS Britannic nun campo de néboa a 560 km de Nova Jersey. O Celtic levaba a 870 pasaxeiros abordo, e o Britannic unhas 450. O Celtic precipitouse contra a proa do outro barco facendo unha brecha de 3 metros.[1] Máis adiante, o Celtic tivo outros dous contratempos con outros barcos.
No ano 1893 o Celtic foi vendido pola White Star á compañía dinamarquesa Thingvalla Line.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2006. Consultado o 27 de agosto de 2018.