CQD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O antigo sinal de socorro CQD utilizábase nas transmisións telegráficas ata principios do século XX. CQD interpretouse como: "Come Quickly, Distress" (Veñan Rápido, Problemas), aínda que o seu autentico significado é: "CQ (Copy Quality)", código de chamada xeral e "D de Distress (Problema)".

Orixes[editar | editar a fonte]

Orixinouse o 7 de xaneiro de 1904 na "circular 57" da Compañía Marconi Internacional de Comunicacións Marítimas e comezouse a empregar o 10 de febreiro dese ano nas súas instalacións.

Os telégrafos empregaran tradicionalmente a "calidade de copia"(CQ = Copy Quality) para identificar mensaxes do interese a todas as estacións ao longo dunha liña de telégrafo e segue utilizándose hoxe en día por radioaficionados para iniciar o contacto (CQ soa a seek you). O prefixo CQ trasladouse á radio e obviamente aos barcos, pero nin o telégrafo nin a radio tiñan unha chamada de auxilio, polo que Marconi suxeriu o uso dunha D para sinalar que había problemas.

Trala Conferencia Internacional da Comunicación Inalámbrica en Mar de Berlín en 1906, na que se aprobou un novo código máis sinxelo, o SOS adoptado case un ano antes por Alemaña, comezou a súa lenta desaparición, aínda que cómpre sinalar que nunca foi adoptado como sinal internacional.

Representación[editar | editar a fonte]

En Código Morse escríbese : — · — · / — — · — / — · ·

Co que demostrase por qué foi substituído por SOS ( ··· — — — ··· ), moito máis sinxelo.

Nos barcos británicos tardou máis en desaparecer. Así, no RMS Titanic, a primeira mensaxe de socorro foi: "CQD CQD CQD CQD CQD CQD de MGY MGY MGY MGY MGY position 41.44 N 50.24 W"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  • Código Q: un código de sinais de tres letras empregado nas radiocomunicacións.
  • Mayday: Mensaxe de axuda.
  • SOS: Sinal de socorro