Saltar ao contido

RMS Olympic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RMS Olympic
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Olympic (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Tipo de embarcación
 Contén partes da clase
9x convés (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Propietario/a
White Star Line (1911 - 1934)
Cunard-White Star Line (en) Traducir (1934 - 1935) Editar o valor en Wikidata
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
31 de maio de 1911 Editar o valor en Wikidata
Historia
1907encargo
16 de decembro de 1908posta da quilla (Pórtico Arrol (pt) Traducir)
20 de outubro de 1910botadura
31 de maio de 1911posta en servizo
14 de xuño de 1911viaxe inaugural
1935retirada do servizo Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de creación
 País de rexistro
 Porto de orixe
 Porto de rexistro
Cifras e dimensións
 Capacidade
 Altura
 53,3 m puntal Editar o valor en Wikidata
 Anchura
 28,19 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
 269 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
 52.310 t Editar o valor en Wikidata
Velocidade máxima21 kn Editar o valor en Wikidata
Potencia59.000 CV Editar o valor en Wikidata
Manga28,19 m Editar o valor en Wikidata
Calado10,54 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF127149776 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0lbtz Editar o valor en Wikidata
Número de casco400 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O RMS Olympic foi o primeiro transatlántico da clase Olympic deseñado por Alexander Carlisle e Thomas Andrews e construído polos estaleiros Harland and Wolff de Belfast para a White Star Line. Foi o barco irmán dos afundidos Titanic e Britannic, que ao contrario que estes, serviu durante moito tempo (desde 1911 ata 1935) e por iso foi coñecido como "Old Reliable" (Vello confiable).

Os tres barcos da clase Olympic íanse chamar orixinalmente Olympic, Titanic e Gigantic, en honor ás razas da mitoloxía grega: os deuses olímpicos, os Titáns, e os Xigantes. O Gigantic foi renomeado despois como Britannic no último intre, para previr desgrazas parecidas á do Titanic.

Máquinas de tripla expansión do Olympic, antes de ser montadas.
O Olympic despois de ser lanzado ao mar, en outubro de 1910.

A quilla foi posta no estaleiro Harland and Wolff o 16 de decembro de 1908, e foi botado ao mar o 20 de outubro de 1910 mentres o seu xemelgo, o Titanic, estaba nun avance dun 30%. O Olympic foi o primeiro da súa clase en completarse, e foi comisionado en maio de 1911. Con 30 metros máis de eslora que os seus rivais máis próximos, o Lusitania e o Mauretania da Cunard Line, o Olympic ostentou o título de barco máis grande do mundo na súa época. Realizou a súa viaxe inaugural o 14 de xuño de 1911, e nesta viaxe consumiu 650 toneladas de carbón cada 24 horas cunha media de velocidade de 21,7 nós, comparado ás 1000 toneladas de carbón cada 24 horas que consumían o Lusitania e o Mauretania. O seu primeiro capitán foi Edward John Smith, quen o comandou desde xuño de 1911 ata o 30 de marzo de 1912, para tomar logo o seu último mando no Titanic nas súas probas de mar e na viaxe inaugural. O Olympic e o Titanic anunciaban a era dos súper transatlánticos. O Olympic era case tan luxoso coma o seu irmán o Titanic, desprazaba 1004 toneladas menos que este e era máis sobrio, ademais, a cuberta de paseo A era completamente aberta, a diferenza da cuberta A do Titanic que era pechada nun 50% (un arranxo de último momento polo seu construtor Thomas Andrews, quen desexaba que os pasaxeiros puideran desfrutar dunha cuberta de paseo protexida das frías tormentas do Atlántico norte).

O Olympic sometido a probas de navegabilidade no mar de Irlanda, c. maio/xuño de 1911.
Fotografías que documentan os danos que sufriu o Olympic (esquerda) e o Hawke (dereita) despois da súa colisión.

O 20 de setembro de 1911, o Olympic tivo un incidente cun buque de guerra, o HMS Hawke, que acercóuselle demasiado (atraído pola turbulencia xerada polo Olympic) e golpeou o seu casco abrindo un gran burato nos camarotes de terceira clase polo lado de estribor, motivo polo que tivo que volver a Belfast para ser arranxado.

En xaneiro de 1912 perdeu unha pa dunha hélice e tivo que regresar a Belfast, aos estaleiros Harland and Wolff para a súa reparación. Este inconveniente fixo atrasar a entrada en servizo do Titanic, xa que se tivo que retirar o barco do dique seco para reparar o Olympic. A reparación durou preto dun mes, tempo no que se atrasou a terminación e entrada en servizo do Titanic.

Desastre do Titanic

[editar | editar a fonte]

O 14 de abril de 1912, o Olympic, baixo o mando de Herbert Haddock, recibiu os sinais de socorro do seu irmán o Titanic, pero estaba a 500 millas de distancia polo que non puido prestar axuda.

Logo da traxedia do Titanic, o Olympic tivo que ocuparse da tarefa de recoller os botes salvavidas do Titanic, que foran recuperados polo RMS Carpathia e deixados en Nova York. Estes botes foron, unha vez que se lles quitou o nome "TITANIC"; empregados para aumentar a capacidade de salvamento do Olympic.

Primeira guerra mundial

[editar | editar a fonte]
O Olympic coa pintura de camuflaxe.

Ó comezo da primeira guerra mundial foi confiscado pola Royal Navy, o seu nome cambiouse a HMT (His Majesty's Transport) Olympic, foi pintado de camuflaxe antisubmarino e serviu coma transporte de tropas. O Olympic xuntouse co seu irmán mais novo, o HMHS Britannic, que servía como barco hospital no mar Mediterráneo para transporte de feridos. Logo comezou a transportar tropas canadenses e a finais de 1916 xa completara as 10 viaxes entre Canadá e Europa. Máis tarde faría o traxecto Estados Unidos - Europa coa mesma finalidade.

En outubro de 1914, rescatou aos tripulantes do HMS Audacious, un barco de guerra británico afundido a causa do choque cunha mina.

O 12 de maio de 1918, afundiu o submarino alemán SM U-103, que lle atacara lanzándolle un torpedo que fallou, ao comprobar isto emerxeu coa idea de atacar o buque a canón, pero o capitán do Olympic, Bertram Fox Hayes, constituíu manobrar, arremeteu e afundiu o submarino.

Rematada a guerra en novembro de 1918, máis tarde regresou a Belfast en agosto de 1919 para a súa restauración, e volveu ao servizo de liña en 1920.

Últimos anos de servizo e despezamento

[editar | editar a fonte]
O Olympic (esquerda) e o Mauretania (dereita) en Southampton en 1935 agardan a súa última viaxe ao seu despezamento.

Nos últimos anos da súa carreira, o Olympic tivo un incidente moi grave. O 15 de maio de 1934, debido á néboa ese día, chocou contra o buque-faro Nantucket LV-117, matando a sete dos seus once tripulantes.

Non obstante, chamóuselle o "Vello Confiable" (alcume para atraer pasaxeiros), e despois de 24 anos de servizo, realizou a súa última viaxe a Nova York en marzo de 1935.

Debido aos seus anos e baixo financiamento, o Olympic foi retirado do servizo e foi vendido por 100.000 £ a Sir John Jarvis para comezar a ser despezado parcialmente en Jarrow (Inglaterra), sendo remolcado ao estaleiro de Thomas W. Ward en outubro dese mesmo ano. En 1937, os seus restos foron remolcados ata Inverkeithing (Escocia) para ser finalmente desmantelados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]