Saltar ao contido

Río Nervión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Nervión
Imaxe
Tiporío
río principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaPaís Vasco, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGran Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBilbao Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°55′36″N 2°58′48″O / 42.9266, -2.9799
43°19′32″N 3°01′10″O / 43.3255, -3.0194
Afluente
Conca hidrográficaNervión basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño75,6 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.900 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal9,6 m³/s Editar o valor en Wikidata
Salto do Nervión no inverno

O Nervión (en éuscaro: Nerbioi) é un río da Península Ibérica, que discorre polo norte de España.

Nace no límite das provincias de Burgos e Áraba, das augas que baixan dos Altos do Curral, Bagate e Urkabustaitz por unha banda e a serra de Garobel ou Salvada pola outra, na cordilleira Cantábrica.

A poucos quilómetros do seu nacemento, forma un impoñente salto de 270 metros, para continuar logo polo val de Délica en dirección nordés. Baixa polo chamado val do Nervión ou Alto Nervión ata entrar á provincia de Biscaia, cerca do pobo de Orduña.

No concello de Basauri, conflúe co Ibaizabal, río de caudal e lonxitude semellantes, e xuntos dividen o resto da comarca do Gran Bilbao, cruzando Bilbao baixo o nome de Ría de Bilbao (tamén coñecida como Ría do Nervión ou do Ibaizabal), ata chegar á súa desembocadura no mar Cantábrico, entre os concellos de Portugalete e Getxo.

Nos seus primeiros tramos, durante as épocas estivais ao non ser tempada de choivas nin haber neve sobre as serras, a súa curta e imprecisa canle vese ausente de auga.

Hidroloxía

[editar | editar a fonte]
Nervión-Ibaizábal ao seu paso por Etxebarri.

O río percorre 72 quilómetros desde o seu nacemento ata a súa desembocadura no mar Cantábrico. Corre en dirección suroeste - nordés. A influencia das mareas alcanza os 15 quilómetros terra dentro, ata o barrio de Abusu de Bilbao, lugar onde a auga salgada non logra imponerse á auga doce.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

O río Ibaizabal é xeralmente considerado o principal afluente do Nervión pola dereita. Outros autores consideran que o Ibaizábal é o río principal, e que recibe ao seu principal afluente, o Nervión, pola esquerda. Outros chaman a todo o sistema Nervión-Ibaizabal.

Os principais afluentes do Alto Nervión (antes de unirse co Ibaizabal) son o Altube, o Orozco e o Zeberio.

Os afluentes da Ría de Bilbao tamén adoptan a forma de pequenas rías ao desembocar. Estas son:

Historia e economía

[editar | editar a fonte]

A orixe do nome do río Nervión non está clara para os autores. Uns relaciónano coa Pena Nervina de 920 metros, zona na que salta sobre as inmediacións de Délica. Outros o relacionan co emperador romano Nerva. Tamén foi denominado Nervio ou Nansa.

Desde tempos antigos, o paso de Orduña que unía a planicie interna de España co val do Nervión tivo un gran peso económico. Durante a Idade Media, serviu de límite natural entre o Señorío de Biscaia e os condados de Castela, cobrándose peaxe nese punto. A través dos séculos, o val do Nervión foi un corredor de vital importancia para a comunicación de Biscaia. A principal vía de ferrocarril construíuse en 1863 seguindo a canle do río.

Ao mesmo tempo, Bilbao desenvolveu unha importante actividade comercial, sendo o seu porto o máis importante de toda a costa norte da Península Ibérica. Esta actividade dependía completamente da navegabilidade dos últimos 15 quilómetros do río. Dada esta situación, o enxeñeiro Evaristo de Churruca levou a cabo un enorme proxecto para desenvolver o porto exterior.

O río Nervión e Bilbao son os maiores motores ecónomicos do País Vasco.

Conservación ambiental

[editar | editar a fonte]

Logo dun século de intensa actividade industrial no río, especialmente nos últimos 25 km, este atopábase contaminado, cos seus niveis de osíxeno un 20% por baixo do normal. En 1978, as autoridades locais lanzaron un plan para soportar esta situación, resultando nunha constante mellora da calidade do ambiente, logrando restituír case totalmente a fauna e a flora. Actualmente os niveis de osíxeno están en torno ao 60%, e recuperáronse peixes como a robaliza, dourada, anchoa, ou mariscos como a nécora ou o lumbrigante.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]