Papeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papeira dunha muller.

A papeira, barbada, barbadela ou papo é un vulto que se forma debaixo da barbela, formando unha engurra máis ou menos perceptíbel.

A papeira é moi común nas persoas anciás, obesas ou con sobrepeso. Anatomicamente, caracterízase por un enfraquecemento do ángulo cérvico-mandibular.[1]

Tratamento[editar | editar a fonte]

Exercicio: a papeira pódese reducir nas persoas obesas e con sobrepeso a través do exercicio e comer alimentos saudábeis na cantidade correcta para queimar o exceso de graxa.

Cirurxía:[2] un cirurxián plástico pode quitar o exceso de graxa baixo a barbela e acurtar os músculos debaixo da mandíbula para eliminar a papeira. Este procedemento implica unha pequena incisión horizontal debaixo da barbela dobre para eliminar a graxa baixo a pel. Despois, faise unha incisión vertical entre as capas do pescozo e o músculo da mandíbula. Os bordos cósense xuntos para acurtar, e por tanto apertar, a capa muscular. Do mesmo xeito que con calquera cirurxía, poden xurdir complicacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vladimir Mitz, Le vademecum de chirurgie esthétique. Elsevier Masson, 2002, 201 p. ISBN 978-2-901227-99-1.
  2. ¿Cómo eliminar la papada?. Clinicalondres.es.