Saltar ao contido

Pé azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pé azul

Wood blewit (Clitocybe nuda)
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Tricholomataceae
Xénero: Clitocybe
Especie: C. nuda
Nome binomial
Clitocybe nuda
(Bull.) H.E.Bigelow & A.H.Sm. (1969)
Sinonimia[Cómpre referencia]

Agaricus nudus Bull. (1790)
Cortinarius nudus (Bull.) Gray (1821)
Gyrophila nuda (Fr.) Quél. (1886)
Lepista nuda (Bull.) Cooke (1871)
Tricholoma nudum (Bull.) P.Kumm. (1871)
Rhodopaxillus nudus (Bull.) Maire (1913) Tricholoma personatum var. nudum (Bull.) Rick (1961)

O pé azul[1] (Clitocybe nuda (Bull.) H.E.Bigelow & A.H.Sm., frecuentemente nomeada na bibliografía galega polo seu sinónimo Lepista nuda Fr. ex Bull.[2]) é un cogomelo dunha cor espectacularmente azul ou violeta escura, saprófita que medra en solos con abundante humus. É comestíbel cociñada, mais en cru pode producir gastroenterite ou outras reaccións nalgúns individuos.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Posúe un chapeu de 5 a 15 cm, marrón, azul ou violeta e a súa forma pode ser dende convexa a achatada, coa marxe enrolada. A cutícula de cor azul ou violeta coas lamelas moi finas e apertadas, que se desprenden facilmente do resto do chapeu. Pé de forma cilíndrica, de cor azulada fibrada e con base bulbosa. As esporas son de cor rosa.

Hábitat e época

[editar | editar a fonte]

Medra en solos con abundante humus, sendo un dos cogomelos máis serodios do outono. Chega a medrar en inverno e primavera. Forma ás veces grandes grupos ou circunferencias en bosques de frondosas e de coníferas, xardíns, beirís dos camiños e carreiros ou en leiras fértiles ou ermas.

Comestibilidade e confusións

[editar | editar a fonte]

A carne é feble e tenra, cun recendo e sabor agradábeis, porén velenoso en cru.

Pódese confundir con cogomelos violetas do xénero Cortinarius, non comestíbeis e de cheiros desagradábeis a: mofo, terra, ouriños ou pólvora.

  1. Setas ou cogumelos de Galicia Vigo, Xerais, 1990; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo
  2. Algúns autores prefiren reter o xénero Lepista comprobar[Ligazón morta]
  3. "Medical Toxicology of Natural Substances: Foods, Fungi, Medicinal Herbs ... - Donald G. Barceloux - Google Libros". Consultado o 11-11-2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Shelley Evans, Geoffrey Kibby, 2004: Guías de bolsillo. Hongos. Ed. Omega. ISBN 84-282-1089-6.