Pyracantha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

xénero Pyracantha

Póla de Pyracantha cos seus froitos tipo pomo semellantes a bagas.
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Amygdaloideae[1]
Tribo: Maleae
Subtribo: Malinae
Xénero: Pyracantha
M.Roem.
Species

Véxase no texto

Pyracantha é un xénero de arbustos espiñentos perennes da familia Rosaceae, cuxa denominación galega é espiños coraleiros (e, na zona oriental, espíns coraleiros), alén do cultismo piracantos. Son nativos dunha área que abrangue dende o sueste de Europa até o sueste de Asia. Aseméllanse, e están relacionados cos Cotoneaster, mais diferéncianse destes polos bordos serrados das follas e polos numerosos espiños (os Cotoneaster non teñen espiños). Coraleiro fai referencia ao coral, é dicir, que lembran o aspecto do coral, polos espiños e pola cor vermella intensa dos froitos. En Galiza é común a especie Pyracantha coccinea coma planta ornamental en xardíns privados ou aliñadas nas bermas e xardíns das autoestradas.

Os espiños coraleiros acadan os 6 m de alto. As sete especies teñen flores abrancazadas e bagas arrubiadas ou amarelas (botanicamente son pomos. Florean a finais da primavera e comezos do verán, os froitos desenvólvense a finais do verán, ficando ben chegandos cando remata o outono.

Especies[editar | editar a fonte]

Híbridos e cultivares[editar | editar a fonte]

A seguir os híbridos e cultivares seleccionados (as grafadas en letra grosa gañaron o premio Award of Garden Merit da Royal Horticultural Society británica):

  • 'America'
  • 'Firelight'
  • 'Golden Charmer'[2]      
  • 'Golden Dome'
  • 'Lalandei'
  • 'Mohave'
  • 'Navajo'
  • 'Orange Glow'[3]      
  • 'Rosy Mantle'
  • 'Santa Cruz'
  • 'Soleil d'Or'
  • 'Teton'[4]
  • 'Watereri'

Usos[editar | editar a fonte]

Flores

Os espiños coraleiros son de gran valor ornamental. Cultívanse en xardíns polas súas flores e pólas densamente cargadas de froitos rechamangueiros. Ademais, a súa estrutura espiñenta fai deste espiño unha planta particularmente valiosa cando se quere crear unha barreira impenetrábel, polo que é ideal para crear sebes para choer propiedades e leiras, sendo unha boa alternativa aos valados ou muros convencionais.

Tamén é un bo arbusto para a vida salvaxe do xardín, fornecendo acubillo para o repouso e niñada de paxaros, flores para as abellas, e unha abundante fonte de bagas. As bagas dos Pyracantha non son velenosas, como normalmente se cre, son agres, mais comestíbeis unha vez cociñadas. Úsanse tamén para elaborar marmeladas.[5] No Reino Unido e Irlanda Pyracantha e o xénero irmán Cotoneaster son unha fonte valiosa de néctar cando as abellas teñen poucas alternativas no que se coñece coma carencia de xuño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Potter, D.; Eriksson, T.; Evans, R. C.; Oh, S.; Smedmark, J. E. E.; Morgan, D. R.; Kerr, M.; Robertson, K. R.; Arsenault, M.; et al. (2007). "Phylogeny and classification of Rosaceae". Plant Systematics and Evolution 266 (1–2): 5–43. doi:10.1007/s00606-007-0539-9.  [Referring to the subfamily by the name "Spiraeoideae"]
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2013. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2013. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2013. 
  5. Questions about Pyracantha answered by Dr Jerry Parsons of the Texas Cooperative Extension (hosted by Texas A&M University)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]