Cotoneáster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cotoneaster")
Cotoneáster (xénero Cotoneaster)
Cotoneaster acuminatus, follas e froitos
Cotoneaster acuminatus, follas e froitos
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Amygdaloideae[1]
Tribo: Maleae
Xénero: Cotoneaster
Medik.
Especies

véxase no texto

Os cotoneáster[2] (Cotoneaster) é un xénero de plantas leñosas na familia das rosáceas (Rosaceae),[3] nativas da rexión Paleártica (Europa, norte de África, rexión temperada de Asia) cunha máxima diversidade nas montañas de suroeste da China e o Himalaia. Están relacionados cos estripeiros (Crataegus), espiños de fogo (Pyracantha), fotinias (Photinia) e capudres (Sorbus). Atópamos en Galicia as especies coma ornamentais en xardíns, especialmente o cotoneáster común (Cotoneaster lacteus).

Descrición[editar | editar a fonte]

A maioría das especies son arbustos a partir de 0,5 até 5 m de alto, variando os seus portes desde as plantas de talos rastreiros polo chan, ás que gabean para se erguer coma arbustos; algúns, como o C. frigidus, son miúdos, outros son árbores de até 15 m de altura e de 75 cm de diámetro de toro. As especies de porte pequeno sepecialmente plantas alpinas que medran nas zonas de alta montaña (e.g. C. integrifolius, que medra de 3000 a 4000 m nos Himalaias), mentres que as especies máis grandes, arbustos e árbores, atópanse nas altitudes máis baixas.

Os talos son dimorfos, cos talos longos (10 a 40 centímetros de longo) que producen crecemento estrutural da póla, e os talos curtos (0.5 a 5 centímetro de longo) levando as flores; este padrón que desenvolve a miúdo un xeito de ramificación como a espiña dun arenque. As follas dispóñense de xeito alterno, de 0.5 a 15 centímetros de longo, de ovadas a lanceoladas, enteiras. Hai especies que se presentan como planta de folla perenne e outras de folla caediza.

As flores prodúcense no extremo dos talos, en solitario ou dentro dun corimbo de até 100 xuntas; son dun diámetro de 5 a 10 milímetros, e teñen cinco pétalos, de cor branca crema en inicio para pasar a cor rosa, de 10 a 20 estames e até cinco estilos.

O froita é un pomo cun diámetro pequeno de 5 a 12 milímetros, vermello brillante cando está chagado, contendo dunha a tres (raramente até cinco) sementes.

Ás especies de Cotoneaster úsanse coma fonte de alimentación para as larvas dalgunhas especies de Lepidoptera incluídas as Grey Dagger, Mottled Umber, Short-cloaked Moth e a medidora de inverno.

Especies[editar | editar a fonte]

Cotoneaster dammeri
Cotoneaster horizontalis.
Cotoneaster salicifolius

Dependendo da definición usada nas especies, hai entre 70 e 300 especies de Cotoneaster, con moitas microespecies apomícticas tratadas como especies por algúns autores, mais soamente como variedades por outros.

As especies divídense en dúas ou máis seccións:

Cultivo[editar | editar a fonte]

Os cotoneáster son arbustos de xardín moi populares, cultivados polo seu atractivo porte e pola súa froita decorativa. Moitos dos arbustos de xardinaxe son cultivares, algúns de orixe híbrida; uns con procedencia familiar coñecida, outras non.

Etimoloxía

Cotoneaster: nome xenérico que deriva de cotone, un antigo nome latino para o marmeleiro, e o sufixo -aster = 'semellante'.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. D. Potter, T. Eriksson, R. C. Evans, S. Oh, J. E. E. Smedmark, D. R. Morgan, M. Kerr, K. R. Robertson, M. Arsenault, T. A. Dickinson & C. S. Campbell (2007). "Phylogeny and classification of Rosaceae" (PDF). Plant Systematics and Evolution (en inglés) 266 (1–2): 5–43. doi:10.1007/s00606-007-0539-9.  Nótese que esta publicación é anterior ao Congreso Internacional de Botánica de 2011 que determinou que a subfamilia combinada, á que este artigo se refire como Spiraeoideae, debía denominarse Amygdaloideae.
  2. Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  3. Cotoneáster en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]