Publio Herenio Dexipo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 210 Atenas |
| Morte | c. 278 Atenas |
| Arconte epónimo | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | historiador, militar |
| Período | Imperio Romano |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Publio Herennio Dexipo (en latín Publius Herennius Dexippus, en grego antigo Δέξιππος) foi un retórico e historiador grego, fillo de Ptolemeo, nado no demos ático de Hermo. Viviu no século III, baixo os reinados de Claudio o Gótico, Marco Aurelio Quintilo, Lucio Domicio Aureliano, Marco Claudio Tácito, Floriano e Marco Aurelio Probo, ata aproximadamente o 280. Exerceu as máis altas maxistraturas de Atenas e foi considerado un home moi sabio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 262 cando os godos entraron en Grecia e asolaron moitas cidades, manifestouse tamén como un gran xeneral, e desde que os godos entraron na cidade de Atenas, reuniu un grupo de voluntarios e fíxose forte nos outeiros próximos. Fixo un ataque inesperado ao Pireo e derrotou aos bárbaros.
Non se sabe se escribiu algunha obra de retórica. Focio cita tres obras históricas:
- 1) Τὰ μετὰ Ἀλέξανδρον, a historia de Macedonia despois de Alexandre o Grande, en 4 volumes.
- 2) Σύντομον ἱστορία ou χρονικὴ ἱστορία, historia cronolóxica desde os tempos míticos ata Claudio II o Gótico (268), con polo menos 12 volumes, que utilizaron os autores da Historia Augusta.
- 3) Σκυθικά, relato das guerras contra os godos e escitas en Grecia nas que el mesmo loitara.
Focio eloxia o estilo e o vocabulario de Dexipo, especialmente na terceira obra, e considérao un segundo Tucídides. Pero os fragmentos conservados non permiten afirmalo e vese que o seu estilo ten todos os defectos dos retóricos gregos tardíos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dexippus, Publius Herennius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 996.