Dexipo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDexipo
Biografía
Nacementoc. 210 Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Mortec. 278 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Arconte epónimo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , militar Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Publio Herenio Dexipo, coñecido como Dexipo, (en grego, Δέξιππος; en latín, Publius Herennius Dexippus) foi un político, militar, retórico e historiador grego, nado en Atenas polo 210 e finado polo 278.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Atenas baixo o Imperio Romano, exerceu como sacerdote herdeiro da familia eleusina dos Kerykes, e ostentou os cargos de arconte basileus e arconte epónimo en Atenas. Mandou o continxente ateniense na batalla das Termópilas, onde se enfrontou á invasión dos hérulos (entre 253 e 267)[1][2] que conseguiron saquear Atenas no 269. Porén, demostrou un gran valor persoal, anovando o esquecido espírito patriótico entre os seus concidadáns polo que se ergueu, na súa honra unha estatua, que se conserva, e na que se indicaba, na base, os seus servizos, aínda que omiten os seus logros militares. Esta guerra, foi relatada no seu relato Σκυθικά (Scythica), na que co apelativo de "escitas" refírese, principalmente, aos godos e insiste na necesaria complementariedade necesaria entre as tropas profesionais romanas e os voluntarios gregos que viñeron defende-la súa provincia.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Focio[4]​ menciona tres traballos de Dexipo sobre Historia, dos que se conservan fragmentos importantes:

  • Τὰ μετὰ Ἀλέξανδρον; unha historia da Macedonia dos diádocos, é dicir, dos sucesores de Alexandre Magno, en 4 volumes, que semella ser un epítome da obra de Flavio Arriano.
  • Σκυθικά; coñecida como Scythica, é un relato das guerras contra os xermánicos godos e os escitas en Grecia entre o 238 e o reinado de Aureliano e nas que el mesmo loitou.
  • Σύντομον ἱστορία ou χρονικὴ ἱστορία; é a obra pola que é máis coñecido e consiste nunha Historia universal ou Historia dos tempos, que consta de polo menos 12 libros, dende as orixes até Claudio II o Gótico, como continuación das obras de Éforo e Diodoro.

Focio gabou o seu estilo e o o denominou como un segundo Tucídides.

A maior parte deste traballo perdeuse e só quedan algúns fragmentos conservados nos extractos constantinianos da época bizantina (Excerpta de legationibus). Tamén se pode ter un coñecemento indirecto dela porque serviu como fonte para a Historia Augusta, que, con todo, ás veces o cita de xeito erróneo[5] e para Xurxo Sincelo, e quizais tamén para Zósimo.[6] Igualmente, foi o modelo para Eunapio de Sardes, cuxo traballo histórico segue a mesma secuencia cronolóxica có de Dexipo. As "Crónicas" bizantinas de Jean Malalas (século VI) e Xoán de Antioquía (século VII) tamén están inspiradas nas obras de Dexippe.

Este Dexipo historiador, non debe confundirse co comentarista grego de Aristóteles, Dexipo, que deixou un comentario sobre as categorías de Aristóteles.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Millar (1969).
  2. Mallan & Davenport (2015), pp. 206-207.
  3. Burgersdijk & Ross (2018), pp. 25-26.
  4. Pearse, Roger (3 de xullo de 2002). "Photius. Bibliotheca or Myriobiblon". tertullian.org (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  5. Paschoud (1991).
  6. "Publius Herennius Dexippus". Encyclopædia Britannica (en inglés). 7 de decembro de 2011. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  7. Momigliano, Arnaldo (1931). "DESSIPPO o Dexippo". treccani.it (en italiano). Consultado o 26 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burgersdijk, Diederik P.W.; Ross, Alan J. (2018). Imagining Emperors in the Later Roman Empire (en inglés). Leiden / Boston: Brill. ISBN 978-9004370890. 
  • Mallan, Christopher; Davenport, Caillan (2015). Society for the Promotion of Roman Studies, ed. "Dexippus and the Gothic Invasions: Interpreting the New Vienna Fragment (Codex Vindobonensis Hist. gr. 73, ff. 192v–193r)". Journal of Roman Studies (en inglés) (115): 203–226. ISSN 0075-4358. JSTOR jstor.org/stable/26346898. 
  • Millar, Fergus (1969). Society for the Promotion of Roman Studies, ed. "P. Herennius Dexippus. The Greek World and the Third Century Invasions". Journal of Roman Studies (en inglés) (Cambridge) 59 (1/2): 12–29. ISSN 0075-4358. JSTOR ww.jstor.org/stable/299843. doi:10.2307/299843. 
  • Paschoud, François (1992). "L'Histoire Auguste et Dexippe". En Bonamente, G. (et allii). Historiae Augustae Colloquium Parisinum (en francés). París: De Boccard. pp. 217–269. ISBN 978-2701800677. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]