Pseudoescorpións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pseudoescorpións
Rango fósil: De 380 Ma a 0 (Devónico a Actual)
Pseudoscorpion - Soil Fauna Diversity.jpeg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Orde: Pseudoscorpiones
Haeckel, 1866
Superfamilias

Os pseudoescorpións[1] (Pseudoscorpiones) son unha orde de arácnidos, tamén chamados Pseudoscorpionida ou Chelonethida.

Estes arácnidos lembran a escorpións polas súas pinzas, pero carecen da cola destes. Os pseudoescorpións son xeralmente beneficiosos para os humanos, xa que depredan as larvas das couzas da roupa, larvas de derméstidos, psocópteros, formigas, ácaros e pequenos dípteros. Son inofensivos e difíciles de ver debido ao seu pequeno tamaño malia seren bastante comúns en moitos ambientes.

Características[editar | editar a fonte]

Os pseudoescorpións son pequenos arácnidos cun corpo con forma de pera aplanado con pinzas, que superficialmente lembran a escorpións. Miden xeralmente de 2 a 8 mm de lonxitude.[2] A especie coñecida de maior tamaño é Garypus titanius da illa Ascensión que chega aos 12 mm.[3][4]

Un pseudoescorpión dos Estados Unidos.

O abdome denomínase opistosoma e consta de 12 segmentos, cada un protexido por placas (chamadas terxitos os da parte superior e esternitos os da inferior) feitos de quitina. O abdome é curto e arredondado na parte posterior, e non se estende formando unha cola segmentada e con aguillón coma a dos escorpións. A cor do corpo pode ser de amarelada ou castaña escura, con pinzas de cor contrastada. Poden ter dous ollos, catro ou ningún.[4]

Un pseudoescorpión ten oito patas de cinco a sete segmentos; o número de segmentos fusionados utilízase para distinguir as familias e xéneros. Teñen dous longos pedipalpos con quelas palpais (pinzas) moi similares ás de escorpións.

Os pedipalpos constan xeralmente do que se pode chamar unha "man" inmóbil e un "dedo", cun dedo móbil separado controlado por un músculo adutor. No dedo móbil localízase xeralmente unha glándula de veleno e un conduto; o veleno utilízase para capturar e immobilizar ás súas presas. Durante a dixestión, os pseudoescorpións verten un fluído suavemente corrosivo sobre a presa, e despois inxiren os restos licuados.

Un gravado coloreado dun pseudoescorpión.

Os pseudoescorpións fían seda que producen nunha glándula das súas mandíbulas para facer con ela un casulo con forma de disco para aparearse, facer a muda ou agardar a que pase o tempo frío. Porén, non teñen pulmóns en libro como a maioría dos seus parentes próximos, como as arañas. Respiran por espiráculos.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Pseudoescorpión forético sobre unha mosca en Alemaña.

Algunhas especies teñen unha elaborada danza de apareamento, na que o macho arrastra a femia sobre os espermatóforos que previamente depositou nunha superficie.[5] Noutras especies, o macho tamén empurra o esperma nos xenitais da femia usando as patas anteriores.[6] A femia leva os ovos fertilizados nunha bolsa de incubación que leva adherida ao seu abdome, e as crías permanecen encima da nai durante un curto período de tempo despois de eclosionaren.[2] Dunha posta de ovos nacen de 20 a 40 crías; pero poden facer máis dunha posta por ano. As crías pasan por tres mudas ao longo de varios anos antes de chegaren a adultos. Moitas especies mudan nun pequeno iglú de seda que os protexe dos inimigos durante este vulnerable período.[7] Despois de chegaren a adultos, os pseudoescorpións viven dous ou tres anos. Son activos nos meses cálidos do ano, e pasan o inverno en casulos de seda cando o tempo vai frío. As especies pequenas viven en entullos e humus. Algunhas especies son arbóreas, mentres que outras son fagófilas, e comen parasitos nun exemplo de simbiose de limpeza e poden ás veces atoparse alimentándose de ácaros que viven baixo os élitros de certos escaravellos. Algunhas especies son foréticas,[8]

Distribución[editar | editar a fonte]

O pseudoescorpión Chelifer cancroides sobre un libro.

Hai máis de 3.300 especies de pseudoescorpións distribuídos en máis de 430 xéneros, e continuamente se descobren especies novas. Viven por todo o mundo, mesmo en rexións temperadas e frías como o norte de Ontario e sobre a liña das árbores (altura das montañas máxima á que crecen árbores) nas Montañas Rochosas de Wyoming e nas Jenolan Caves de Australia, pero teñen as súas poboacións máis densas e diversas nas zonas tropicais e subtropicais, onde se espallan incluso por illas como as Canarias, onde hai unhas 25 especies endémicas.[9] Algunhas especies atopáronse baixo a codia de árbores, en follas caídas de piñeiros, no solo, en ocos das árbores, debaixo de pedras, en covas, nas costas e na zona intermareal e entre rochas fracturadas.[2]

Chelifer cancroides é unha especie que se encontra comunmente nas casas, onde pode atoparse en habitacións con libros poeirentos. Alí aliméntanse de pequenos animais de 2,5-4,5 mm como psocópteros e ácaros do po. Entran nas casas "montando" sobre insectos (o que se coñece como foresia), os insectos empregados son necesariamente maiores que o pseudoescorpión, ou veñen entre a leña.

Evolución[editar | editar a fonte]

Os fósiles máis antigos de pseudoescorpións son de hai 380 millóns de anos do período Devónico.[10] Teñen todos os trazos dun pseudoscorpión moderno, o que indica que a orde evolucionou moi cedo na historia dos animais terestres.[11]

Referencias históricas[editar | editar a fonte]

Os pseudoescorpións foron xa descritos por Aristóteles, que probablemente os atopou entre os rolos dunha biblioteca onde seguramente se alimentaban de psocópteros. Robert Hooke denominounos "cangrexos de terra" no seu traballo de 1665 Micrographia. Outra referencia da década de 1780 é de George Adams, que os denominou "insectos-bogavante".[12]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A seguinte lista segue o "Biology Catalog" e "Pseudoscorpions of the World".[13][14] Danse entre parénteses os números dos xéneros e especies modernas.

  • suborde Epiocheirata

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Pseudoescorpións.
  2. 2,0 2,1 2,2 Pennsylvania State University, Department: Entomological Notes: Pseudoscorpion Fact Sheet
  3. "Endemic invertebrates" (PDF). Ascension Island Conservation Centre. 
  4. 4,0 4,1 "Pseudoscorpions". Agricultural Research Council (South Africa). 
  5. Peter Weygoldt (1966). "Spermatophore web formation in a pseudoscorpion". Science 153 (3744): 1647–1649. PMID 17802636. doi:10.1126/science.153.3744.1647. 
  6. Heather C. Proctor (1993). "Mating biology resolves trichotomy for cheliferoid pseudoscorpions (Pseudoscorpionida, Cheliferoidea)" (PDF). Journal of Arachnology 21 (2): 156–158. 
  7. Ross Piper (2007). Extraordinary Animals: An Encyclopedia of Curious and Unusual Animals. Greenwood Press. 
  8. "Pseudoscorpions". South African National Survey of Arachnids. Arquivado dende o orixinal o 2012-01-07. 
  9. Volker Mahnert (2011). "A nature's treasury: pseudoscorpion diversity of the Canary Islands, with the description of nine new species (Pseudoscorpiones, Chthoniidae, Cheiridiidae) and new records" (PDF). Revista Ibérica de Aracnología 19: 27–45. 
  10. William A. Shear, Wolfgang Schawaller & Patricia M. Bonamo (1989). "Record of Palaeozoic pseudoscorpions". Nature 342 (6242): 527–529. doi:10.1038/341527a0. 
  11. Wolfgang Schawaller, William A. Shear & Patricia M. Bonamo (1991). "The first Paleozoic pseudoscorpions (Arachnida, Pseudoscorpionida)". American Museum Novitates 3009. Modelo:Hdl. 
  12. Adams, George (1787): Essays on the Microscope. First edition. (London: Robert Hindmarsh)
  13. Biology Catalog: Pseudoscorpionida
  14. Harvey, M.S. (2013). Pseudoscorpions of the World, version 3.0. Western Australian Museum, Perth. http://museum.wa.gov.au/catalogues-beta/pseudoscorpions

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mark Harvey. Pseudoscorpions of the World
  • Joseph C. Chamberlin (1931): The Arachnid Order Chelonethida. Stanford University Publications in Biological Science. 7(1): 1–284.
  • Clarence Clayton Hoff (1958): List of the Pseudoscorpions of North America North of Mexico. American Museum Novitates. 1875. PDF
  • Max Beier (1967): Pseudoscorpione vom kontinentalen Südost-Asien. Pacific Insects 9(2): 341–369. PDF
  • Peter Weygoldt (1969). The biology of pseudoscorpions. Harvard University Press, Cambridge. ISBN 978-0-674-07425-5 (Full text e-book). 
  • P. D. Gabbutt (1970): Validity of Life History Analyses of Pseudoscorpions. Journal of Natural History 4: 1–15.
  • W. B. Muchmore (1982): Pseudoscorpionida. In "Synopsis and Classification of Living Organisms." Vol. 2. Parker, S.P.
  • J. A. Coddington, S. F. Larcher & J. C. Cokendolpher (1990): The Systematic Status of Arachnida, Exclusive of Acari, in North America North of Mexico. In "Systematics of the North American Insects and Arachnids: Status and Needs." National Biological Survey 3. Virginia Agricultural Experiment Station, Virginia Polytechnic Institute and State University.
  • Mark S. Harvey (1991): Catalogue of the Pseudoscorpionida. (edited by V . Mahnert). Manchester University Press, Manchester.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]