Saltar ao contido

Pulmón (arácnidos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pulmón en libro»)
Anatomía externa dunha araña:
1 e 3, posición dos pulmóns en libro;
4, os espiráculos traqueais;
2, as fieiras).

Os pulmóns en libro,[1] pulmóns laminares,[2] pulmóns foliáceos,[2] ou filotraqueas,[2][3] son órganos respiratorios internos propios das arañas, escorpións e outros arácnidos.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Esquema dun pulmón en libro: 1: poro; 2: espazo cheo de hemolinfa; 3: láminas do pulmón.

Aparecen nun número que varía dun par na maioría das arañas a catro pares nos escorpións, comunicados co exterior mediante un espiráculo ou estigma. Están consituídos por un conxunto de cavidades laminares de tecidos derivadas do hemocele que determinan unha serie de espazos adxacentes bañados alternativamente polo aire e pola hemolinfa (equivalente ao sangue dos vertebrados), e que están organizadas como as páxinas dun libro (polo que en inglés este órgano se chama book lung).[2]

Moitos arácnidos, como os ácaros, non teñen estes pulmóns e respiran soamente a través de traqueas ou da superficie do seu corpo.

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

As pregas maximizan a superficie exposta ao aire, e deste modo facilitan o intercambio de gases co ambiente. Na maioría das especies non se require o movemento das láminas para facilitaren a respiración.

Evolución

[editar | editar a fonte]

Estes pulmóns non están evolutivamente emparentados cos pulmóns dos tetrápodos, senón que evolucionaron das branquias en libro dos xifosuros (cangrexos de ferradura e similares) e, aínda que son semellantes na súa estuctura, nos organismos acuáticos teñen unha situación diferente.

  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Garrido, Carlos (1977).
  3. Armengol, J. et al. (1986).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Armengol, J. et al. (1986): Artròpodes (I). Història Natural dels Països Catalans, 9. Barcelona: Enciclopèdia Catalana, S. A. ISBN 84-85194-84-5.
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J., (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  • Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminologico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]